"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • Aplícase ao molusco lamelibranquio que ten os dous músculos abdutores case iguais, é dicir, que as dúas impresións paleais da valva son iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Igualdade de dereitos fronte á lei, na Grecia Clásica.

    2. Sistema segundo o que dous ou máis estados se gobernan pola mesma lei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten isonomia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico eslovaco. Integrado na corrente do “novo cinema checo” con Krik (O primeiro grito, 1963), derivou despois cara ao xénero fantástico con Valerie a tyden divu (Valeria ou a semana das marabillas, 1969) e, posteriormente, cara a un realismo crítico e humano con Causa kralik (O caso do coello, 1979). Tamén dirixiu Néuplné zatmení (Eclipse incompleta, 1982), Lev Bilou Hrivou (León cunha crina branca, 1986), Labyrinth (1991), Helimadoe (1994) e Dvojrole (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor grego. Fundador e director do conservatorio nacional de Atenas en 1926, está considerado un dos principais creadores da escola moderna de compositores gregos. Da súa obra sobresae a ópera O mestre de obras (1916), a composición sinfónica O vendedor ambulante (1922) e tres sinfonías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos komi ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo komi.

    3. Pobo finoúgrio establecido no NL de Rusia en grupos máis ou menos compactos, mesturados con rusos, principalmente no okrug’ autónomo dos Komis-Permianos. Dedícanse á caza, á agricultura e á cría de renos.

      1. komi permiano

        Lingua do phylum urálico da familia finoúgria que se fala no okrug Komis-Permianos.

      2. komi siriano

        Lingua do phylum urálico da familia finoúgria que se fala na República dos Komis e na península de Kola. Produciu unha rica tradición literaria oral, baseada en contos, cancións e adaxios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficina de Información dos Partidos Comunistas e Obreiros, creada en Varsovia en 1947, coa función de coordinar as tarefas políticas dos partidos do bloque comunista, á que se uniron os líderes comunistas de Francia e Italia. A escisión do réxime de Tito en Iugoslavia (1948) e a morte de Stalin (1953) provocaron a súa decadencia, ata a disolución definitiva en 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceira Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República da Federación Rusa (415.900 km2; 1.151.700 h [1997]). A capital é Syktyvkar. A principal actividade económica é a explotación de xacementos de carbón na conca do Pečora. As principais industrias son as derivadas da explotación forestal, do carbón e do petróleo. A finais do s XIV, os komis foron cristianizados por Stepan de Perm. En 1921 a área dos komis converteuse nunha oblast’ autónoma e posteriormente (1936) recibiu o estatuto de república autónoma. Trala disolución da URSS (1991) converteuse nunha república da Federación Rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Okrug de Rusia (32.900 km2; 151.400 h [estim 1999]). A súa capital é Kudymkar (33.451 h [1995]). As principais actividades económicas son a explotación forestal, a agricultura e a gandería bovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Peterburgo 1864 - 1910) Actriz rusa. Iniciouse no teatro afeccionado, concretamente na Sociedade da Arte e da Literatura de Moscova, onde traballou con Stanislavskij e onde aprendeu os principios organizativos e estéticos do que logo sería o Teatro de Arte de Moscova. En 1896 entrou no Teatro Alexandriski de Peterburgo, onde protagonizou A Gaivota. En 1902 creou a súa propia compañía, coa que produciu obras dos autores máis importantes do momento, como Chekhov, Gorki, Ibsen ou Maeterlinck. Apostou decididamente pola renovación teatral e contratou para a súa compañía a directores como Vsevolod Meyerhold ou Nikolai Evreinov ou a escenógrafos como Serge Soudeikine.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos labirintulomicetos.

    2. Fungo da clase dos labirintulomicetos.

    3. Clase de fungos da división dos mastigomicotas que forman plasmodios reticulares pluricelulares orixinados pola división de células biflaxeladas dentro dun envoltorio mucilaxinoso. Son saprófitos ou parasitos que viven sobre algas ou fanerógamas mariñas. Comprende as ordes das traustroquitriais e a das labirintuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Polinomios en O dados pola expresión xenérica

    FORMULA


    Cumpren a fórmula de recurrencia (n+1)Ln+1(x)+(x-2n-1)Ln(x)+n Ln-1(x)=0, e son solucións da ecuación diferencial de Lagurre xy’’ + (1-x)y’ + ny = 0.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica da parede abdominal e do peritoneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación dunha abertura na larinxe que a comunica co exterior a través do pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica da parede da larinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación total ou parcial da larinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Polinomios en O dados pola expresión xenérica

    FORMULA

    Responden á fórmula de recorrencia (n+1)Pn+1(x)-(2n+1)Pn(x)+nPn-1(x) = 0, e son solucións da ecuación diferencial de Legendre, (1-x2)yn  -   2xy´   +   n(n+1)y   =   0 Os primeiros polinomios son P0(x) = 1, P1(x) = x, P2(x) = (3x2-1)/2. Dan resposta á seguinte ortogonalidade:

    FORMULA4

    , onde äpqé o símbolo de Kronecker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor benigno do tecido muscular liso, que se localiza preferentemente na matriz, na próstata, no estómago e no intestino.

    VER O DETALLE DO TERMO