Jireš, Jaromil
Jireš, Jaromil
Realizador cinematográfico eslovaco. Integrado na corrente do “novo cinema checo” con Krik (O primeiro grito, 1963), derivou despois cara ao xénero fantástico con Valerie a tyden divu (Valeria ou a semana das marabillas, 1969) e, posteriormente, cara a un realismo crítico e humano con Causa kralik (O caso do coello, 1979). Tamén dirixiu Néuplné zatmení (Eclipse incompleta, 1982), Lev Bilou Hrivou (León cunha crina branca, 1986), Labyrinth (1991), Helimadoe (1994) e Dvojrole (1999).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bratislava -
Deceso
Lugar : Praga