"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PERSOEIRO

    Pintor e poeta. Viviu en Francia desde 1912, onde entrou en contacto co ambiente das primeiras vangardas artísticas. Influído pola visión cubista de Metzinger e Le Fauconnier, instalouse en Barcelona (1914-1918), onde coñeceu a obra de Picabia e realizou a exposición Art Ornamental na galería Dalmau, na que presentou obras de estilo abstracto. De volta a París aproximouse ás propostas estéticas dadaístas e colaborou en revistas como Pereroz Dadá. En 1927 coñeceu a Ozenfant e a súa pintura entrou nunha fase de reflexión antroposófica (Natureza morta con cunca branca, 1928), aínda que sen esquecer a inspiración dadaísta (Paisaxes elásticas, 1930). Nos anos corenta a súa obra caracterizouse pola idea do musicalismo marcado pola interpretación onírica das temáticas da música, do mar ou da auga: Tema musical (1942) e Sinfonía de Salmos de Stravinskij (1957). Da súa obra poética destacan títulos como Foute inmobile ou Le Ciel-Cloche (1919-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito de agua pluvial que se forma nas fochancas do terreo de tamaño menor ca a charca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra dos Ancares, situado no límite da parroquia de Cereixedo (concello de Cervantes) co concello de Candín (comarca do Bierzo). O seu cumio acada os 1.857 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e explorador francés, fillo de Jean Martin Charcot. Dirixiu dúas expedicións ao Antártico nas que completou a cartografía desde o arquipélago de Palmer ata a illa Charcot (á que lle deu o seu nome). A primeira expedición realizouna entre 1903 e 1905 a bordo do Français, e a segunda de 1908 a 1910. Fixo investigacións, especialmente sobre o plancto, en Grenlandia, no Atlántico Norte e no Mediterráneo. Morreu ao naufragar o seu barco diante das costas de Islandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo. Creador da clínica de neuroloxía e profesor de anatomía patolóxica no hospital de La Salpêtrière, en París. Describiu un gran número de enfermidades do sistema nervioso, entre elas a esclerose lateral amiotrófica ou enfermidade de Charcot. Foi un dos primeiros en considerar o histerismo (que tratou por medio da hipnose) como unha afección psíquica. Os seus traballos puxeron a Freud no camiño dos seus descubrimentos psicanalíticos. Entre as súas obras cómpre destacar Leçons sur les maladies des vieillards et les maladies chroniques (Leccións sobre as enfermidades dos anciáns e as enfermidades crónicas, 1867), Leçons sur les maladies du système nerveux faites à La Salpêtrière (Leccións sobre as enfermidades do sistema nervioso realizadas en La Salpêtrière, 1873) e Clinique des maladies du système nerveux (Clínico das enfermidades do sistema nervioso, 1892-1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi discípulo de Carissimi en Roma e, á súa volta a Francia, colaborou no teatro con Molière. Ao redor de 1680 entrou ao servizo do Gran Delfín e foi profesor de música de Filipe, futuro duque de Orléans. Dende 1698 ata a súa morte foi maître de musique da Saint-Chapelle. Compuxo a música para as obras teatrais Le mariage forcé e Le malade imaginaire, de Molière e para a ópera Médée (1693). Dedicouse especialmente á musica relixiosa, compuxo numerosas misas (Messe pour les trépassés e Messe de minuit), motetes e musicou partes dos Salmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo dominicano. Foi discípulo de Gardeil, Mondonnet, Lagrange e Sertillanges en Le Saulchoir, onde ensinou posteriormente. Mestre en teoloxía (1931), especializouse en historia da teoloxía medieval. En 1942 foi desposuído da súa cátedra. O seu pensamento influíu moito no movemento de reforma que conduciu ao Vaticano II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Estado independente situado ao N da illa de Chipre, no Mediterráneo oriental, ao S de Turquía (3.355 km2; 198.215 h [1996]), proclamado o de 15 de novembro de 1983 logo de nove anos de ocupación militar turca. Non está recoñecido internacionalmente máis que por Turquía e forma parte legal da República de Chipre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Canterbury, na illa do Sur, Nova Zelanda (313.969 h [1996]), situada na chaira de Canterbury, a carón da baía Pegasus, na parte setentrional do istmo que une a península de Banks co resto da illa. A súa actividade principal desenvólvese no sector terciario. A cidade foi fundada en 1850 por anglicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Discípulo de Cole e continuador da Escola do Río Hudson, foi fundamentalmente paisaxista. Transformou a súa casa de Olana nun museo que amosa a súa obra. Da súa produción destaca O corazón de América e As cataratas do Niágara (1857)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do Canadá, que atravesa as provincias de Saskatchewan e Manitoba, un dos máis longos do país. O seu nacemento pódese situar no lago La Loche. O seu curso adopta unha dirección SO-NL, coa que atravesa os lagos Peter Pond, Ile-à-la-Crosse, La Ronge, Trade, Sisipuk, Southern Indian e Northern Indian, entre outros. Desemboca na badía de Hudson, a carón do porto de Churchill, logo dun percorrido de 1.609 km e de drenar unha conca de 282.000 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clérigo e escritor inglés. Suspendido dos cargos eclesiásticos, defendeuse nas sátiras The Apology (A apoloxía, 1761), The Ghost (A pantasma, 1762) e The Prophecy of Famine (A profecía da fame, 1763). Colaborou con John Wilkes na publicación de North Briton (Norte británico, 1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral inglés. Loitou en Holanda (1671-1673) ao servizo de Carlos II de Inglaterra, e apoiou a Guillerme de Orange na revolución inglesa de 1688. A raíz da crise de sucesión española, Guillerme, xa rei de Inglaterra, nomeouno plenipotenciario seu en Holanda, onde organizou as forzas inglesas, holandesas e austríacas contra Luís XIV e venceuno en Flandres. Por esta vitoria recibiu o título de duque de Marlborough en 1702. Foi capitán xeneral das forzas inglesas e obtivo importantes vitorias, como a de Blenheim (1704), Ramaillies (1706), Oudenaarde (1708) e Malplaquet (1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político británico. Elixido deputado conservador en 1874, representou a sección progresista do seu partido. Formou o grupo fourth party (cuarto partido), unha pequena asociación de independentes do partido conservador e do partido liberal. En 1886 presidiu a Cámara dos Comúns e ocupou o cargo de ministro de Facenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor inglés. Fillo de Randolph H. S. Churchill. Ingresou no exército (1895) e foi correspondente de guerra para o xornal londinense Morning Post. Deputado conservador (1900), abandonou o seu partido para unirse aos liberais. Como subsecretario de estado para as colonias (1906) defendeu a Home rule irlandesa e a concesión da autonomía aos bóers. Foi ministro de Comercio (1908-1910) e do Interior (1910-1911) e primeiro lord do Almirantado (1911-1915). Posteriormente, exerceu como ministro de Municións (1917) e da Guerra (1919-1922). En 1924, en oposición ao que estaba a acontecer coa Revolución Rusa, volveu ao partido conservador. Nos anos trinta demandou con insistencia unha política de oposición ao expansionismo hitleriano. Ao desencadearse a Segunda Guerra Mundial foi nomeado primeiro ministro (1940). No exterior, malia as súas difíciles relacións con Stalin, cooperou coa URSS cando foi atacada por Hitler e apresurouse a establecer a Grande Alianza cos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento público destinado á consulta dos clientes en Internet a través dos ordenadores instalados no propio local, ademais de ofrecer servicios de cafetería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orador, escritor, político e filósofo. Nacido nunha familia de cabaleiros (ordo equestre), estudiou filosofía, retórica e leis en Roma, e completou a súa formación en Atenas, Rodas e Asia Menor entre os anos 79 e 77. De regreso a Roma adquiriu sona como avogado. No ano 70 apoiou a causa dos sicilianos contra Verres, antigo pretor da illa. Foi nomeado cuestor no ano 76, edil no 69, pretor urbano no 66 e elixido cónsul no 63. Coa intención de asegurar a orde dentro do Estado, tendeu a unir cabaleiros e senadores (concordia ordinum). O feito máis salientable do seu mandato foi a represión da conxuración de Catilina. Enfrontado con Pompeio, César e Craso, membros do primeiro triunvirato, sufriu o exilio no ano 58 por dar a orde de executar, sen xuízo previo, os cómplices de Catilina. Chamado de novo a Roma no 57, renunciou ao ideal de concordia ordinum polo consensus omnium bonorum, a reunión de todas as forzas vivas do Estado. Despoxado de relevancia política, retirouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adverbio que significa ‘ó redor de’ e que se utiliza a miúdo abreviado (ca, c), marcando unha data aproximada. Ex: Naceu circa 1006.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘arredor de’. Ex: circadiano, circalitoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sucede aproximadamente cada 24 h.

    2. Aplícase ao ritmo biolóxico que ten un ciclo aproximado de vinte e catro horas, como a secreción de ACTH, os movementos de crecemento das plantas ou o ciclo de sono/actividade dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO