"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada en Ourense. Declarada pola Xunta de Galicia de interese cultural e galego, ten como fins a protección, divulgación e estudo da obra do gravador e pintor Xulio Prieto Nespereira e a conservación do seu patrimonio artístico e cultural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio de gravado convocado na Bienal Internacional de Gravado organizada por Caixanova desde 1991, en memoria do gravador Xulio Prieto Nespereira. O xurado -formado por académicos pertencentes ás diversas academias de belas artes, gravadores e críticos especializados- outorga tres premios (medallas de ouro, prata e bronce) e cinco mencións honoríficas. Ás obras presentadas polos participantes engádense as de artistas nacionais e internacionais invitados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo político constituído en 1808 en Aranjuez, con funcións de goberno, pola unificación das diferentes xuntas provinciais que xurdiron ao comezar a Guerra da Independencia. Tratou de harmonizar as tendencias revolucionarias das xuntas provinciais coa actitude conservadora dos sectores do Antigo Réxime, sen chegar a conseguilo. Trasladouse a Sevilla e posteriormente a Cádiz, onde foi substituída por un Consello de Rexencia (xaneiro de 1810).
-
REINOS
Reino anglosaxón da Heptarquía habitado polos xutos. O Rei Etelberto I (560-616) acadou a hexemonía de toda Inglaterra ao S do Humber (593?), pero a partir do s VII o reino sucumbiu, primeiro á supremacía do Reino de Mercia e posteriormente ao de Wessex.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Viena 1911 - 1990) Político austríaco. De orixe xudía e militante socialdemócrata, ao rematar a Segunda Guerra Mundial foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores (1959-1966) e chanceler entre 1970 e 1983, data na que dimitiu. Fixo unha política interior reformista e unha exterior de neutralidade activa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Kadrina 1803 - Tartu 1882) Médico e escritor estoniano. Coñecido como Vidri Roin Ristmrts, é o autor da epopea nacional estoniana Kalevipoeg, subtitulada Eesti rahra ennemvistsed jutud (Antigos cantos épicos do pobo estoniano).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Immanuel Kant publicada en 1781, corrixida polo mesmo autor na segunda edición de 1787. O seu obxectivo era determinar a natureza e os límites do coñecemento humano. As dúas primeiras partes, a Estética transcendental e a Analítica transcendental, son fundamentalmente positivas, mentres que a terceira, a Dialéctica transcendental, é radicalmente negativa, xa que o novo obxecto foi rehabilitado na segunda crítica (Kritik der praktischen Vernunft).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Oelsnitz, Saxonia 1933) Escritor alemán. Dos seus volumes de poemas máis destacados, cómpre salientar Widmungen (Dedicatorias, 1963), Sensible Wege (Camiños sensibles, 1969), Zimmerlautstärke (Cun volume moderado, 1972), Brief mit blauem Siegel (Carta con lacre azul, 1973) e Auf eigene Hoffnung (1991). En prosa é autor dunhas miniaturas sobre Alemaña Oriental e Checoslovaquia, e de contos para nenos.
-
REINOS
Entidade territorial formada cara a mediados do s VIII a C que se prolongou, aproximadamente, ata 350. Os seus límites estendíanse entre a primeira e a sexta catarata do Nilo, na rexión de Sennar, malia que nalgunhas ocasións a Baixa Nubia, entre a primeira e a segunda catarata, escapou ao seu control. Os especialistas déronlle este nome polo núcleo do territorio que correspondía co antigo Kuš dos exipcios. Isto explica o carácter africano da súa cultura, moi influída pola faraónica. Este carácter acentuouse a partir do s III a C cando os soberanos empezaron a ser enterrados en Meroe en lugar de en Napata. Unha gran parte da súa historia está mal documentada e as principais fontes sobre o Reino de Kuš son as faraónicas e as clásicas, mentres que as autóctonas, escritas en meroítico, resultan inaccesibles polo descoñecemento desta lingua. O epónimo da familia real cuxita foi Kašta (760 a C-751 a C), pero o creador do seu poder foi Py ou Piankhy (751-716 a C) que conquistou Exipto. Con...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito que separa a illa de Sakhalin (Rusia) e Hokkaidō (Xapón). Ten unha lonxitude de 46 km, e une o mar de Xapón, no O, co de Okhotsk, ao L.
-
SERRAS
Aliñación montañosa situada no S de Galicia que serve de fronteira hispano-lusa. Pola vertente galega esténdese desde a parroquia de Mociños (Quintela de Leirado) ata a de San Xes de Vilariño (Lobeira). Culmina nos 1.334 m de altitude do Codesal.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Cadramón (O Valadouro). O seu cumio acada os 850 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias do Cadramón (O Valadouro) e O Viveiró (Muras). O seu cumio acada os 900 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
(Ferrol 1945) Actor, director e animador teatral. Diplomado pola Escola D Expresió de Barcelona, iniciou a súa traxectoria (1975) no movemento de teatro escolar potenciado desde as Universidades Laborais, para despois integrarse en Teatro Circo, grupo co que participou no espectáculo Os vellos non deben namorarse (1977). Foi un dos fundadores da Escola Dramática Galega e, durante o tempo que presidiu a entidade (1981-1985), potenciou un proceso de descentralización que levou á constitución, despois fallida, dunha sección da Escola en Vigo. Da experiencia naceu a compañía profesional Teatro de Ningures, na que colaborou. No eido do teatro escolar potenciou a creación de grupos como Kalandraka. Desde 1981 promoveu a edición do Boletín de Información Teatral, que se converteu posteriormente na Revista Galega de Teatro. Ten publicado diversas colaboracións sobre o feito teatral e traballos de carácter pedagóxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe ciclostomado de pequeno tamaño que se caracteriza por presentar a parte dorsal do corpo lisa.
-
-
Lugar que se utiliza para gardar landras.
-
Sobras que quedan das landras que comen os porcos.
-
Dano ou destrución.
-
-
-
Lousa de pedra deitada sobre a que se acende o lume. Unhas veces disposta a rentes do chan, sen sobresaír del, e outras algo máis alta para que sexa máis cómodo o servicio. Se a elevación é grande, cómpre que a lousa sexa extensa para deixar por riba dela lugar para os tallos e escanos. Pode estar situada nun ángulo da cociña ou no centro, arrimada ao muro, situación que vai depender do espazo de que se dispoña xa que non é soamente a lareira o que hai que distribuír na peza. A forma pode ser rectangular, mais hainas cun entrante no lado principal para que a persoa que se ocupe do lume poida achegarse a el, máis ao xeito. Moitas veces leva cambota e, a miúdo, no seu interior sitúase o caínzo ou canizo. Moitos levan a ambos os lados, por debaixo, dous madeiros enfrontados para apoiar neles as varas en que se penduran os chourizos e outras partes do porco que cómpre afumar para que se conserven. Se non hai cambota, o canizo vai ao aire, sempre por riba da lareira. Logo, o fume vaise polo...
-
Cociña da casa rústica ou tradicional, incluída a cambota.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de tendencia franquista editada en València a partir de 1951 e que cesou a súa edición en decembro de 1953 (nº3). Subtitulouse “Publicación del Lar Gallego de Valencia”. Dirixida por Ángel Romero Cerdeiriña, incluíu artigos sobre Rosalía de Castro, e textos de R. Otero Pedrayo, F. Bouza-Brey e V. Paz Andrade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada pola Casa de Galicia en París a partir de 1984. Coordinada por A. G. Fontán, actuou como voceira da propia institución. Nos seus diferentes apartados analizábanse cuestións relacionadas coa lingua galega, a cultura, o funcionamento interno da Casa de Galicia e informacións de interese para o emigrante galego. Ademais, incluíu poesía, pasatempos e a análise da figura e da obra de diversos intelectuais e escritores galegos.