"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós de Macedonia Central, Grecia (1.924 km2; 53.147 h [1991]). A capital é Flórina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome feminino formado pola raíz latina Flor- co sufixo xermánico -lind. A súa festividade celébrase o 1 de maio e en Pascua de Resurrección.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Amoeiro. Trátase dunha construción románica, de transición ao gótico, de finais do s XII. Consagrouna no 1200 o bispo Afonso I. Ten unha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal é apuntado. A fachada reconstruíuse utilizando materiais antigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade monetaria de Hungría (ft). Divídese en 100 fillers.
-
PERSOEIRO
Nome co que é coñecida Margherita Luti, modelo e concubina do pintor Rafael, que a retratou no cadro Donna Velata do Palazzo Pitti de Florencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado no lugar de Paredes, Santa María de Moimenta (Campolameiro), sobre unha rocha granítica de acusada inclinación. Na parte superior aparecen representadas unha serie de cazoletas dispersas xunto a varios cadrados e outros signos de difícil interpretación. Na parte inferior apréciase a figura dun cérvido de sexo indeterminado que ten entre as súas patas a figura de dous cérvidos máis pequenos, aos que parece acubillar. Foi declarado Ben de Interese Cultural o 10 de marzo de 1975.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Campo Lameiro. De orixe románica (s XII), só conserva a fachada pois o resto da construción foi remodelada. A portada principal está formada por unha dobre arquivolta sostida por columnas cos capiteis decorados: un home loitando cun animal, un home en crequenas, un animal atacando unha serpe e unha cesta con motivos vexetais. No tímpano represéntase a un bispo, que sostén na man esquerda un báculo mentres bendí coa dereita, flanqueado por dous cegos que portan un libro e unha cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio que establece que a distancia entre os núcleos dos átomos dunha molécula non cambia ao producirse unha transición electrónica cando as moléculas absorben enerxía. Foi descuberto en 1926 por J. Franck en colaboración con E.V. Condon.
-
PERSOEIRO
Cortesá grega. Amante do escultor Praxíteles, serviulle de modelo para as estatuas de Venus.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento teatral inglés que comezou a súa andaina na década de 1960 e que ten equivalencias en Europa, no teatro independente, e nos EE UU, no Off-Off de Broadway. Tamén fai referencia aos espectáculos presentados ao abeiro do Edinburgh International Festival, fóra da sección oficial. Moitos dos colectivos que se crearon naquela época estaban relacionados coa loita contra a guerra de Vietnam e con outras loitas estudiantís e xuvenís, como o maio francés ou a cultura hippy. Desde finais da década dos setenta vense utilizando o cualificativo de “alternativo” para facer referencia a un movemento teatral moi heteroxéneo no que conviven diversas orientacións, que van desde o compromiso político máis radical, ata a busca e a experimentación de novas linguaxes escénicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos frinxílidos, ao que pertencen os pimpíns.
-
-
Relativo ou pertencente aos frinxílidos.
-
Ave da familia dos frinxílidos.
-
Familia de paseriformes caracterizada por incluír aves de pequeno ou mediano tamaño, de peteiro cónico e máis ou menos curto, cola fendida, plumaxe de cores xeralmente moi vistosas e con dimorfismo sexual. Voan de xeito ondulante e aliméntanse principalmente de sementes. Son gregarias e as femias constrúen un niño aberto en forma de copa. Pertencen a esta familia os bicogrosos, cardeais, cruzabicos, liñaceiros, pimpíns, úbalos, verderolos, xílgaros e os xiríns.
-
-
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio Romano Xermánico no círculo da Baixa Renania-Westfalia. Erixido en condado imperial por Federico III (1464) a favor do barón Ulrich Cirksena von Gretsyl, durante o goberno do seu fillo e sucesor Edzard I o Grande (?-1528) acadou a súa maior extensión territorial. Trala morte do príncipe Carlos Edzard I (1744), derradeiro membro da dinastía Cirksena, incorporouse como provincia ao Reino de Prusia. No 1806 converteuse nun departamento do Reino de Holanda e no 1810 pasou a Francia. Prusia recuperouno (1813) pero polo Congreso de Viena (1815) pasou ao Reino de Hannover ata que foi incorporada definitivamente ao Reino de Prusia (1866).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, unha cruz de sable.
-
PERSOEIRO
Pintor. Cultivou o tema mitolóxico cun estilo refinado. Traballou na decoración do Palazzo Pitti cos frescos Lorenzo il Magnifico nell’Accademia Platonica e l’Allegoria della morte del Magnifico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cosmonauta e coronel de aviación soviético. Formouse inicialmente como fundidor. Ingresou na escola militar de aviación de Čkalov e acadou o grao de tenente. Chegou a piloto de probas e entrou no equipo de cosmonautas en entrenamento. Tripulou o vehículo Vostok I e foi o primeiro home en facer un voo orbital, o 12 de abril de 1961. Foi deputado do Soviet Supremo en 1962 e seis anos máis tarde morreu de accidente de aviación. Un cráter da cara oculta da Lúa leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título que posúe o fillo herdeiro do trono de Inglaterra desde o ano 1301. Eduardo I investiu o seu fillo Eduardo con este título despois de anexionarse o Principado de Gales.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio que establece que as leis que gobernan os fenómenos mecánicos en dous sistemas de referencia S e S’, provistos dun movemento relativo rectilíneo e uniforme, teñen a mesma forma. Para comprobar este principio, considerado por Galileo como o principio fundamental da mecánica, cómpre establecer as fórmulas de transformación para pasar dun sistema de referencia inercial S (denominado tamén sistema ou eixes de Galileo) a outro S’ que teña un movemento rectilíneo e uniforme respecto ao primeiro. No caso de que o sistema S’ (de coordenadas espacio-temporais x’, y’, z’, t’) se mova con velocidade v rectilínea e uniforme, segundo o eixe x de S (de coordenadas espacio-temporais x, y, z, t), as fórmulas de transformación, chamadas de Galileo, son: x’=x-vt, y’=y, z’=z e t’=t. A relatividade de Einstein levou a substituílas polas fórmulas de transformación de Lorentz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘fame’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comuna de Liechtenstein (6,14 km2; 1.158 h [estim 2000]).