"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e historiador sueco, irmán de Olaf M<nsson. Foi arcebispo de Uppsala (1523), e o triunfo da Reforma en Suecia fixo que se instalara en Roma. Escribiu Historia de omnibus Gotorum Suecorumque regibus (1554) e Historia metropolitanae ecclesiae Upsalensis (1557).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista, historiador e cartógrafo sueco, irmán de Jöns Månsson. Foi enviado a Roma por Gustavo I de Suecia (1524). É autor dunha Carta marina et descriptio septentrionalium terrarum (1539) e de Historia de gentibus septentrionalibus (1555).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Formado no ambiente da ilustración lombarda, adoptou os principios da cultura romántica a través da ideoloxía dos críticos e escritores franceses dos primeiros anos do s XIX. A súa formación intelectual concluíu coa súa adhesión ao catolicismo de orientación xansenista. A súa obra énchese de modelos esquemáticos da tradición literaria anterior e exprésase co italiano falado pola burguesía, como mostra da funcionalidade social da literatura e a súa orientación a un público non especializado. Da súa produción destacan Inni sacri (1812-1822), as Odi (Cinque maggio, Marzo 1821), e varias traxedias que representan a parte máis significativa da súa produción, e a novela I promessi sposi (1825-1827), a súa obra máis importante que narra a historia das desventuras de dous campesiños contra os que se manifesta a mala vontade dos poderosos, no s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Louis Casimir Ladislas Markus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e gravador italiano. Coñecido como Sandro Botticelli, foi discípulo de frei Filippo Lippi e, estivo influído polos irmáns Piero e Antonio Pollaiolo, especialmente na volta aos temas mitolóxicos, e por Andrea Verrocchio. A maior parte da súa carreira desenvolveuse en Florencia, onde recibiu o apoio dos Medici. A súa obra, excluída a última etapa mística, representa a exaltación dun esteticismo decorativo e aristocrático ao servizo dun concepto da arte que reaccionaba contra o afán de reproducir con fidelidade a realidade. Pintou Giuditta e Oloferne (1469-1470) e tamén L’Epifania, (1475) e La Primavera (1477-1478), ambas as dúas para os Uffizi. Tres anos máis tarde foi chamado a Roma polo Papa Sisto IV para decorar a Capela Sixtina do Vaticano, onde traballou con Perugino, Pinturichio, Cosimo Rosselli e Ghirlandaio. Pintou Pallade che doma il Centauro (1485?), Nascita di Venere (1486?) e L’Annunciazione (1488-1490),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sonda espacial lanzada o 7 de abril de 2001 pola NASA coa misión de investigar o clima e a xeoloxía do planeta Marte. En 2002 esta sonda descubriu grandes cantidades de auga xeada baixo a superficie do planeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Foi mestre de capela da catedral de Tui desde 1892. Na catedral tudense hai máis de 50 pezas súas, arranxos doutros autores e transcricións varias, entre as que destacan o Himno triunfal a la Santidad de León XIII, Tantum Ergo (1870) e Trisagio a la Santísima Trinidad (1880). Foi o instrutor musical de Xosé A. Veiga Paradís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos medios de comunicación de masas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, na rexión de Toscana, Italia, situada ao pé dos Alpes Apuanos, a 5 km do Mar Tirreno (66.097 h [2001]). A súa economía está baseada na tradicional industria do mármore, complementada con novas industrias como a mecánica, a química e a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión de Toscana, situada en Italia (1.157 km2; 197.411 h [2001]). A capital é Massa-Carrara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do NL de EE UU, situado en Nova Inglaterra (21.456 km2; 6.349.097 h [2000]). A capital é Boston. O relevo vai desde unhas montañas de tipo apalachense, ao O, ata unha penechaira e unha costa moi recortada, ao L. O clima é temperado fresco. A súa economía baséase no sector primario, cunha agricultura e unha gandería moi desenvolvida e unha explotación pesqueira notable. Boston constitúe o porto máis importante da costa atlántica estadounidense. Durante o s XVII moitos puritanos ingleses perseguidos buscaron refuxio na colonia europea de New Plymouth, que se converteu nun foco cultural coa creación da Harvard University (1636) e a publicación do primeiro diario estadounidense, o News-letters (Boston, 1704).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución científica para a investigación e o ensino de posgraduados, fundada en Boston en 1816, e trasladada a Cambridge en 1916. Consta de 26 departamentos, que cobren todas as ramas da enxeñería, arquitectura, ciencias naturais, lingüística e filosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na chaira aluvial do Júcar (1.586 h [2001]). As principais actividades económicas son a agricultura, con cultivos de laranxeiras e hortalizas, seguido de froiteiras de pebida. A industria é unha actividade recente onde destaca o sector do moble e da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da antiga colonia grega que deu orixe á actual Marsella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, situado na Comunitat Valenciana (13.131 h [2001]). A agricultura dedícase ao cultivo de hortalizas en réxime intensivo, e nos regadíos o arroz tende a desaparecer en favor das laranxeiras. A industria limítase á almacenaxe de froita, produtos metálicos e confección, ademais da embalaxe e os plásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Especialista na proba de marcha, foi campión (1993) e subcampión (1995) do mundo na distancia de 20 km, e obtivo a medalla de bronce na distancia de 50 km nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996). Participou tamén nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000). Gañou 18 veces o campionato de España en diferentes distancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de Granados e Morera, licenciouse en Roma en música gregoriana. Deixou unha produción moi extensa e variada, da que destacan as óperas Nuredunna (1947) e Cánigo (1934). Tamén deixou oratorios, obras sinfónicas e un concerto para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, situado ao S da cidade de València, Comunitat Valenciana (7.370 h [2001]). A agricultura, a diferenza do sector industrial e de servicios, ten pouca incidencia na economía do municipio, que está baseada principalmente na industria do moble e da madeira, ademais dos produtos metálicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Coñecido como Victor Massé, escribiu tres coleccións de romanzas, operetas de salón e as óperas Galathée (1852), Les noces de Jeannette (1853) e Paul et Virginie (1876). Recibiu o Prix de Rome (1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Félix Marie Massé.

    VER O DETALLE DO TERMO