"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • + (benzodi)azepina)

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ácidos carbámicos.

      1. Cada un dos compostos de fórmula RNHCOOH, onde R representa, polo xeral, un grupo alquílico, inestables en estado libre, xa que se descompón espontaneamente dando dióxido de carbono e a amina R-NH 2 .

      2. Ácido inestable en estado libre que dá sales (os carbamatos) e ésteres (os uretanos) estables, presentes no sangue e nos ouriños dos mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical univalente derivado do ácido carbámico, H2NCO-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anión orgánico no que a carga negativa se localiza nun átomo de carbono. Os carbanións son especies químicas de vida moi curta que aparecen, de forma transitoria e en concentracións mínimas, no transcurso de certas reaccións. Son reactivos nucleófilos e a súa estabilidade relativa depende da deslocalización da carga provocada polos grupos substituíntes que conteñen, dos catións presentes no medio e, en especial, da natureza do solvente no que se leva a cabo a reacción. Moitas reaccións de substitución electrónica catalizadas por bases teñen carbanións como intermediarios, xa que os reactivos básicos favorecen a súa formación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome rexistrado do N-metilcarbamato de 1-naftilo    (C12H11NO2), insecticida tóxico por contacto e por inxestión. Polo xeral non é fitotóxico, ten unha gran persistencia e ataca a moitos tipos de insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pastel de follado cun recheo formado por améndoa moída sen torrar, azucre e ovos. É un doce típico da cidade de Oviedo e foi creado por Camilo de Blas a principios do século XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico que contén tres aneis condensados e que se pode atopar no aceite de antraceno procedente da destilación seca do carbón; sinteticamente, prepárase por ciclación do orto-aminobifenilo. Insoluble en auga e lixeiramente soluble en éter, presenta unha forte fluorescencia e fosforescencia por irradiación ultravioleta. Utilízase na obtención de colorantes, explosivos, insecticidas, antioxidantes, caucho e tamén como desodorizante, e na obtención de deterxentes. En análise química, emprégase como reactivo para identificar a lignina, os hidratos de carbono e o formaldehido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que pertence ao grupo dos bencimidazois e que actúa como funxicida de aplicación foliar de amplo espectro de acción. Ten carácter preventivo e curativo. Está autorizado nun variado número de cultivos, tanto herbáceos como leñosos, e tamén se utiliza na desinfección de sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [α-carboxibencilpenicilina: C17H18N2O6S]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica das especies de carbono trivalente nas que este elemento leva formalmente unha carga positiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fragmento molecular orgánico que contén un átomo de carbono unido unicamente a outros dous átomos. Caracterízase por posuír dous electróns non compartidos e un baleiro electrónico. Os carbenos teñen unha carga global nula, pero poden presentar propiedades nucleófilas (a causa dos electróns non compartidos) ou electrófilas (a causa dos baleiros electrónicos). Segundo as diversas teorías, os seis electróns que envolven o carbono sitúanse: ben en tres orbitais híbridos sp2, deixando baleiro un orbital p; ou ben en dous orbitais híbridos sp1, semiocupando, polo menos, os dous orbitais p restantes. Esta última disposición outorgaríalle ao carbeno unha estrutura de birradical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento frío e seco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Vila de Cruces baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu o concello da Vila de Cruces dende a súa constitución en decembro de 1836 ata outubro de 1944. O cambio de denominación foi consecuencia do traslado na década de 1920 da capital municipal dende o lugar de Abealla, na parroquia de Carbia, a Vila de Cruces, na parroquia das Cruces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Este topónimo procede da raíz prerromana *carb- ‘pedra, planta nacida entre as pedras’, da que proceden voces como carballo. Adoita grafarse cun -v- non etimolóxico (Carvia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [monohidrato da α-metildopahidracina:C10H14N2O4·H2O]

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. isocianuro.

    2. Método de recoñecemento dunha amina primaria (R-NH 2 ) baseado no fedor característico que se desprende cando se quenta con hidróxido de sodio e cloroformo co obxectivo de transformala en isocianuro ou carbilamina (R-N=C).

    VER O DETALLE DO TERMO