carbazol

carbazol

(< carba- + -azo- ‘nitróxeno’+ –ol ‘composto heterocíclico’)

Nome científico: [C<sub> 12</sub> H<sub> 9</sub> N]
s m [QUÍM]

Composto heterocíclico que contén tres aneis condensados e que se pode atopar no aceite de antraceno procedente da destilación seca do carbón; sinteticamente, prepárase por ciclación do orto-aminobifenilo. Insoluble en auga e lixeiramente soluble en éter, presenta unha forte fluorescencia e fosforescencia por irradiación ultravioleta. Utilízase na obtención de colorantes, explosivos, insecticidas, antioxidantes, caucho e tamén como desodorizante, e na obtención de deterxentes. En análise química, emprégase como reactivo para identificar a lignina, os hidratos de carbono e o formaldehido.

Palabras veciñas

carbanión | carbaryl | carbayón* | carbazol | carbendazim | carbenicilina | carbenio