carbanión

carbanión

(

s m [QUÍM]

Anión orgánico no que a carga negativa se localiza nun átomo de carbono. Os carbanións son especies químicas de vida moi curta que aparecen, de forma transitoria e en concentracións mínimas, no transcurso de certas reaccións. Son reactivos nucleófilos e a súa estabilidade relativa depende da deslocalización da carga provocada polos grupos substituíntes que conteñen, dos catións presentes no medio e, en especial, da natureza do solvente no que se leva a cabo a reacción. Moitas reaccións de substitución electrónica catalizadas por bases teñen carbanións como intermediarios, xa que os reactivos básicos favorecen a súa formación.

Palabras veciñas

carbamina | carbamoilo | carbamoilurea | carbanión | carbaryl | carbayón* | carbazol