"sin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 907.
-
GALICIA
Enxeñeiro agrónomo e político. Profesor de economía agraria na Universidade de Santiago de Compostela, foi director territorial do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (1987-1990). Deputado no Parlamento galego polo PSdG-PSOE (1989-2005), foi conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes (1987-1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Administrador solidario da Fábrica de Cerámica de Sargadelos. Pertence aos consellos de administración da Fábrica de Cerámicas do Castro e do Instituto Galego de Información e á Fundación Galicia-Empresa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no Grove. Ten planta en forma de L, con baixo e piso. Ten un balcón con balaustrada e solaina na fachada principal onde tamén se atopa un escudo do s XVIII que alude aos Correa. O acceso á planta alta realízase por unha escaleira lateral de pedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda etapa e idade do Lías (Xurásico Inferior), situada sobre o Hettanxiano e baixo o Pliensbaquiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adherencia de partes próximas, especialmente a que se produce do iris á córnea ou ao cristalino.
-
-
Fenómeno fonético que consiste na pronuncia nunha soa sílaba de dúas vogais situadas no interior dunha palabra e que pola súa natureza non forman ditongo; emprégase como licenza métrica.
-
Separación espontánea dun sistema coloidal homoxéneo en dúas fases, constituída unha delas por un xel coherente e a outra por unha solución diluída cunha composición que depende do sistema inicial. Na sinérese diminúese o volume do xel, pero sen variación neta do volume do sistema e é un proceso reversible sempre que as partículas coloidais non se coagulen excesivamente tras a súa formación.
-
-
-
Relativo ou pertencente á sinerxía.
-
Relativo ou pertencente ao sinerxismo.
-
-
-
Acción conxunta de varios elementos ou factores de xeito que o efecto resultante é superior á suma dos efectos por separado.
-
Asociación ou cooperación de movementos, actos, órganos ou formacións anatómicas para levar a cabo unha función determinada conxunta e máis forte.
-
Efecto terapéutico aumentado que se produce ás veces ao administrar simultaneamente dous produtos ou fármacos de acción semellante.
-
Exaltación do poder patóxeno de dous parasitos coexistentes.
-
-
-
sinerxético.
-
Aplícase á substancia que intensifica a acción dos aditivos alimentarios antioxidantes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das dúas células que están situadas ao lado da ovocélula no saco embrionario das anxiospermas.
-
-
Doutrina protestante que afirma que o home, a pesar do pecado orixinal, conserva o libre albedrío na busca da salvación e da graza divina.
-
sinerxía.
-
Aumento dunha determinada actividade dun composto, que está provocado pola presenza en mestura doutro composto, inactivo no mesmo sentido, denominado axente sinérxico.
-
-
-
Sensación nunha parte, asociada ou secundaria á que se produce noutra parte.
-
Experiencia sensorial que experimentan certos individuos que consiste na asociación de diversos sentidos mediante a que a percepción nun sector sensorial acompáñase, por correspondencia ou resonancia, de percepcións noutro ou noutros sectores sensoriais. Un exemplo típico é a audición coloreada ou sinopsia, na que existe unha asociación entre unha cor e un son.
-
Figura retórica que consiste en asociar dúas palabras que pertencen a percepcións sensoriais diferentes.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da illa de Mallorca, Illes Balears (2.736 h [2001]). É o mercado máis importante da zona rural da illa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos sínfilos.
-
Miriápodo da clase dos sínfilos.
-
Clase de miriápodos co corpo fráxil, pequeno, de entre 1 e 8 mm de lonxitude, e de cor branca pálida ou incolora. Teñen a cabeza con dous pares de maxilares cun par de espiráculos e sen ollos. O seu aspecto e costumes son semellantes aos do cempés e habitan en solos húmidos, baixo as pedras e entre detritos de toda clase, dos que se alimentan.
-
-
-
-
Articulación inmóbil ou de movementos moi restrinxidos na que os ósos están unidos por tecido fibroso ou fibrocartilaxinoso.
-
sínfise pubiana
Articulación dos dous ósos ilíacos entre eles.
-
sínfise sacroilíaca
Articulación dos dous ósos ilíacos co sacro.
-
-
Adherencia anormal que se produce entre dúas membranas serosas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación que consiste en seccionar a sínfise pubiana para obter unha separación momentánea dos ósos ilíacos e, en consecuencia, un engrandecemento da pelve, que ten por obxecto facilitar o parto por vías naturais en caso de estreiteza da pelve. OBS: Tamén se denomina operación de Sigault.
-
-
Relativo ou pertencente aos sínfitos.
-
Insecto da suborde dos sínfitos.
-
Suborde de insectos, da orde dos himenópteros, que está constituída por individuos que non presentan cintura entre o tórax e o abdome, e non forman sociedades nin teñen especialización parasitaria.
-
-
-
-
Conxunto musical de voces, de instrumentos, ou das dúas cousas.
-
Composición para orquestra, estruturada segundo as normas que regulaban a sonata. No s XVII podía adoptar o significado de sonata, concerto ou outra composición. A sinfonía clásica apareceu no s XVIII. Tivo unha orixe diversa, por unha banda o concerto grosso e pola outra a obertura da ópera, e seguía o esquema en tres tempos allegro-adagio-allegro (G. Sammartini), despois, coa intercalación do minueto pasou a ter catro (autores da escola de Mannheim). Cultivada por numerosos autores, acadou todo o esplendor con J. F. Haydn que, xunto con Mozart, deixou un extenso legado sinfónico, e estableceu o seu desenvolvemento temático de acordo coas normas da forma sonata. Beethoven recolleu este legado e modificouno, e substituíu o minueto por un scherzo e deulle unha maior extensión ás sinfonías. Os seus pasos foron seguidos por Schubert, Schumann, Brahms, Liszt, Bruckner, Mahler e R. Strauss na música alemá; por Berlioz, Saint-Saëns e C. Franck en Francia; por Dvořák...
-
-
Conxunto de elementos que se unen para producir un efecto harmonioso.
-
-
-
Relativo ou pertencente á sinfonía.
-
Que ten estrutura ou calidade de sinfonía.
-
-
-
Compositor que escribe sinfonías ou música sinfónica.
-
Instrumentista que executa sinfonías.
-