"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra no monte Aloia na honra de san Xián, que regula o tempo para traer, segundo se precise, sol ou choiva. Cando falla unha das dúas cousas, fanse durante oito días rogativas na catedral de Tui e o noveno día lévase a imaxe do santo á capela do monte e colócase na pedra da auga ou na do sol, segundo se precise. Celébrase o 27 de xaneiro.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Xiao.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Xiao.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Construída a finais do s XII, conserva da primitiva fábrica románica a cabeceira. A ábsida, de forma semicircular e cun tramo recto, cóbrese cunha bóveda de canón e de forno. O arco triunfal descansa sobre dous pares de columnas rematadas con capiteis de decoración vexetal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa Uxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar e capital do concello de Ribeira situada na parroquia homónima.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos sarcopterixios.
-
Peixe da subclase dos sarcopterixios.
-
Subclase de peixes osteíctios que se caracterizan por posuír aletas carnosas. Inclúe a orde dos crosopterixios ou celacantiformes (coas aletas lobuladas) e os dipnoos (peixes pulmonados). Teñen esqueleto interno osificado, opérculo, escamas cosmoides e os dentes son substituídos continuamente. Apareceron durante o Devónico e diversificáronse durante o Paleozoico. Existen 3 xéneros de dipnoos (Neoceratodus -Australia-, Protopterus -África- e Lepidosiren -América do Sur-) e un de crosopterixios (Latimeria).
-
-
-
Relativo ou pertencente aos sauropterixios.
-
Réptil da orde dos sauropterixios.
-
Orde de réptiles da subclase dos diápsidos, de tronco macizo e groso, de forma ovalada e coa pel núa, cola curta, pescozo moi longo, cabeza serpentiforme moi pequena, coas extremidades convertidas en aletas pero conservando os cinco dedos englobados dentro da paleta formada pola cola e o pé, e xeralmente de dimensións xigantes. Habitaban no mar durante toda a era Secundaria.
-
-
-
Estudo científico dos sedimentos e dos seus procesos de formación. Analiza os tipos de concas e os ambientes sedimentarios, as estruturas sedimentarias como un expoñente da dinámica sedimentaria e das paleocorrentes, os axentes de transporte e a orixe dos sedimentos alóctonos, ademais dos sedimentos neoformados ou transformados dentro da conca, dos climas e dos solos, e a meteoroloxía dos ambientes sedimentarios.
-
Rama da estratigrafía que estuda a xénese e as características dos sedimentos que se depositan no momento actual, como tamén os ambientes sedimentarios e a xeometría das concas, para establecer os modelos sedimentarios apropiados e particulares de cada unha.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda a Lúa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da semántica que estuda os significantes ou conceptos dos signos lingüísticos a partir dos seus significados, en oposición á onomasioloxía, que trata dos significantes ou denominacións que se lles poden atribuír aos conceptos ou significados. No proceso de comunicación entre interlocutores, o receptor do signo, nun procedemento semasiolóxico, parte do significante e interprétao para chegar ao significado ou concepto.
-
-
semiótica.
-
sintomatoloxía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pensamento dos teólogos dos ss V e VI, sobre todo Xoán Casiano, Vicente de Lerins e Fausto de Riez, co apoio dos monxes do sur da Galia, que tentaron mitigar a doutrina da graza de santo Agostiño. Sostén que a diferenza entre escollidos e réprobos non depende da predestinación divina senón da vontade humana. Considerado reminiscencia do pelaxianismo, foi combatido por Próspero de Aquitania, Fulxencio de Ruspe e Cesáreo de Arles, que obtiveron a condena no segundo sínodo de Aurenja (529).
-
-
Relativo ou pertencente ao semipelaxianismo.
-
Seguidor do semipelaxianismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estuda todo aquilo que ten relación cos soros (propiedades fisiolóxicas, variacións patolóxicas, aplicacións terapéuticas). Na análise de alimentos, empréganse certas técnicas serolóxicas para identificar as especies vexetais ou animais que integran un produto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que trata a sexualidade, o comportamento sexual e as súas diferentes manifestacións. Formalmente reúne os campos e métodos da bioloxía, a psicoloxía, a socioloxía e a antropoloxía. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].