"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lalín. De estilo románico, construíuse arredor de 1170. Unha cuarta parte desta igrexa foi doada por Arias Núñez ao mosteiro de Carboeiro. Conta cunha nave e cunha ábsida formada por dous tramos, un recto e outro semicircular. O primeiro, cuberto con bóveda de canón, únese coa nave mediante un cóbado amodo de contraforte. O tramo semicircular, con bóveda de forno, está compartimentado en tres panos mediante dúas columnas entregadas. A nave ten cuberta de madeira de época posterior á súa construción. O arco triunfal é de medio punto peraltado e dobrado. No muro meridional hai un arco tapiado, sinal dunha primitiva porta. A porta occidental é de medio punto. A portada principal ten un tímpano pentagonal. No exterior o arranque da bóveda de canón amósase por medio dunha imposta de billetes. A espadana é barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Camposanquense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo tecnolóxico identificado nos anos vinte do s XX por Jalhay e Serpa Pinto a partir dun conxunto lítico procedente da praia de Camposancos (A Guarda). Os primeiros investigadores relacionárono co Ancorense portugués e, posteriormente, Maury co Asturense. Estudiado tamén por Xosé María Álvarez Blázquez, Leisner e Vidal Encinas, é difícil de encadrar, tanto cronolóxica como culturalmente. Cano Pan sostén na súa obra Las industrias líticas talladas en la costa de La Guardia a Bayona (1991) que ten unha orixe polixenética e atribúe os distintos útiles deste complexo técnico a unha serie de períodos cronolóxicos distintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde se enterran os mortos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Ferrol, no litoral da parroquia de Brión, concello de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Foi maître de musique en Toulouse entre os anos 1683 e 1694, ano no que se trasladou a París para aceptar ese mesmo cargo na catedral de Notre Dame ata 1700. Cultivou a ópera-ballet, da que compuxo L’Europe galante (1697), e a ópera, destacando Tancrède (1702) e Camille (1717). Representou o nexo entre as obras de Lully e Rameau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Licenciado en Dereito en 1838, viviu en Cádiz, exiliado polas súas ideas liberais. Escribiu para o teatro Flor de un día (1851), compuxo Espinas de una flor (1852) e varios libretos para zarzuela, entre os que destaca Marina (1855), musicado por Arrieta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi o líder do grupo Nou Ambient, creado en 1919 seguindo o modelo dos evolucionistas. A súa pintura presenta influencias de Nonell, con derivacións cara ao surrealismo e ao expresionismo. Tamén cultivou o collage. Entre 1939 e 1980 estivo exiliado en México onde escribiu diversos traballos sobre arte mexicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero carnívoro de aspecto, forma e pelame moi diversos segundo as razas. Os cans actuais seica proveñen, segundo numerosas descubertas atopadas en escavacións de poboados neolíticos, de especies salvaxes domesticadas na Prehistoria polo home. O can das turbeiras (Canis palustris) conviviu co home na Idade de Pedra; atopáronse restos nuns xacementos de turba que datan do Paleolítico. Do Bronce coñécese o Canis matrisoptimae, do que se cre que proveñen os cans pastores. Nos cans actuais persisten algúns costumes ancestrais, aínda que perderon a maioría; por exemplo, continúa dunha maneira pouco definida a fixación do territorio cos ouriños e o seu antigo réxime carnívoro converteuse en omnívoro. O can non ten glándulas sudoríparas, polo que regula a temperatura a través dos pulmóns, da mucosa bucal e da lingua. Dos sentidos destacan, en primeiro lugar, o olfacto, e despois, o oído e a vista. Ten capacidade reprodutora dende o primeiro ano, pero convén que a femia non...

      2. can adoecido/doente/danado

        Can que ten a rabia.

      3. can chino

        Can pequeno que non ten pelo no seu corpo.

      4. can de palleiro

        Can do país, especialmente idóneo para gardar a casa.

    1. Arte de pesca que consta dun aparello con forma de angazo que, a medida que se arrastra polo fondo do mar, vai apañando diversos tipos de mariscos, como ameixas, berberechos, longueiróns, etc, que quedan depositados nunha rede que leva detrás.

      1. Moeda antiga que, segundo fose de cinco ou dez céntimos, recibía o nome de can pequeno ou can grande, respectivamente.

      2. Moeda de escaso valor.

    2. Denominación vulgar que recibe o berberecho macho.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma apocopada de canto que precede a un adxectivo ou adverbio para expresar o alto grao en que se aplican (

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación austral situada ao L da Lebre e ao N e ao O da Popa. Contén a estrela Sirius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación austral situada ao S de Xémini e ao N e ao L do Unicornio. A súa estrela máis brillante é Proción, de primeira magnitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de humor gráfico e literario que comezou a publicarse ocasionalmente a principios dos anos oitenta. A idea partiu dos humoristas gráficos Gogue e Pepe Carreiro, o seu primeiro director. Contou coa colaboración inicial de Luís Mariño e de Antonio Mascato como editores. Nunha segunda etapa foi dirixida por Picho Suárez. Os últimos números apareceron só coincidindo con acontecementos puntuais como as eleccións, o referendo da OTAN, a Guerra do Golfo Pérsico, etc. No tocante aos numerosos colaboradores gráficos destacan, entre outros: Gogue, Pepe Carreiro, Xosé Lois, Xaquín Marín, Quesada, Siro, Hortas, Lalo, Fran Jaraba, Kukas, Chichi Campos, Tokio, Philipot, Carlos Silvar, Bernar, Forxán, Victorino Tizón, Rocamadour, Evaristo Pereira, Miguel Vigo e Loquis. Pola súa parte, os colaboradores literarios usaron practicamente todos pseudónimo, que en bastantes casos agochaban firmas recoñecidas. O formato da revista variou constantemente debido a problemas técnicos e económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Vietnam, no delta do Mekong (215.587 h [1992]). É a principal cidade da chaira deltaica que inclúe a península de Quan Long e as áreas arroceiras máis importantes do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Vietnam (3.054 km2; 1.780.600 h [estim 1993]). A súa capital é Can Tho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bebida obtida por destilación de líquidos prodecentes da fermentación alcohólica de diversas materias hidrocarbonadas naturais.

    2. Bebida espirituosa obtida a partir de bagazo de uva fermentado e destilado, ben directamente por vapor de auga, ben previa adición de auga, á que puideron engadírselle pousos do mosto nunha proporción determinada, efectuándose a destilación en presenza do propio bagazo a menos do 86% do volume, cun contido en substancias volátiles igual ou superior a 140 g/Hl de alcohol a 100% do volume, e cun contido máximo de alcohol metílico de 1000 g/Hl de alcohol a 100% do volume, segundo a normativa da Unión Europea. A augardente pertence ao mesmo tipo de bebida ca os marc franceses, as grappas italianas, as bagaçeiras portuguesas e os tsiroupos gregos. O grao normal da augardente está entre 47° e 50°, unha das bebidas máis fortes do mundo, comparable co vodka ruso, cos calvados de mazá de Normandía ou co ron de cana das Antillas. A destilación para a obtención de alcohol é un descubrimento árabe, e non anterior ao século X. A primeira utilización do alcohol foi...

    3. Tintura de xalapa (Exogonium purga); ten acción purgante drástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Herbácea perenne de rizoma groso e duro, talos endurecidos de cor verde circulares, de ata 5 m de altura, follas alongadas e oblongas de ata 60 cm de lonxitude e 6 cm de ancho, dispostas de xeito alterno, de cor verde brillante pola face e glauca polo envés, con vaíñas persistentes castañas. Florecen a partir do segundo ano nunha panícula terminal de ata 60 cm de lonxitude. É orixinaria do sur de Asia; logo da súa introdución en Europa en 1850 por Siebold, estendeuse profusamente pola rexión mediterránea e naturalizouse en ribeiras e lugares húmidos de Galicia. Os talos pelados empréganse como arxóns, para fabricar cubertas ou en cestería.

      2. cana de azucre [Saccharum officinarum, Fam das poáceas]

        Planta perenne, de rizoma groso, de onde parten talos de ata 5 m de altura e 8 cm de diámetro, cheos dun tecido zumarento e doce. As follas son estreitas e longas e as flores vermellas dispóñense nunha panícula terminal. O seu cultivo constitúe a fonte principal para a obtención de azucre. É orixinaria da India, onde se cultiva dende hai máis de 3.000 anos, sendo a primeira poácea cultivada de xeito extensivo. Dende alí estendeuse a Exipto (641) e á Península Ibérica (755), e despois ás zonas tropicais e subtropicais de todo o mundo. Na Península Ibérica cultívase localmente en áreas costeiras do sur. En gastronomía úsanse os talos desta planta, prensados entre rolos, para obter un zume do que sae o azucre de cana. Tamén se emprega para a elaboración das augardentes e licores de cana, do tipo do ron ou da cachaça. Aínda existe unha produción significativa nas provincias de Málaga e Granada, zonas na que existen fábricas azucreiras desde o s XVIII.

      3. cana da India [Canna indica, Fam das cannáceas]

        Herbácea de ata 3 m de altura de follas elipsoides, coa marxe enteira e pecíolo longo, con flores de cor variable, de amarelo a vermello ou mesmo con pintas, cun único estame dunha soa antera. Propia da zona tropical de Asia, África e América, está presente en Galicia como ornamental.

    1. Talo tubular e con nós propio das plantas da familia das poáceas.

      1. Obxecto alongado e cilíndrico, de madeira, metal, cartón ou outro material que ten unha forma semellante á planta da cana.

      2. cana de pescar PESCA

        Utensilio de pesca constituído basicamente por unha vara, xeralmente de cana de bambú, aluminio ou fibra de vidro, cun extremo do que pende un fío ou unha liña provista no outro extremo dun ou de varios anzois. Entre a liña e o anzol adoita ir intercalado un fío de seda, moi resistente e transparente. Todo este conxunto constitúe o sedal. A miúdo ponse chumbo na liña e mesmo unha cortiza. A vara pode ser dunha soa peza ou de dúas, unha inferior grosa, o caxato, e outra superior, delgada e flexible, a rabiza. Algunhas canas están provistas ao longo da vara de pequenas argolas, polas que pasa a liña que, ás veces, se enrola nun carrete.

    2. Parte do calzado alto, da media ou do calcetín, que cobre o tornecelo ou o papo da perna.

    3. Médula dos ósos. OBS: Coñécese comunmente co nome de cana dos ósos.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabelo que se volve de cor branca. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Galilea, onde, segundo o Evanxeo de san Xoán, Xesús obrou o primeiro milagre ao converter a auga en viño durante unha voda. Crese que se trata do lugar de Kafr Kanna, situado entre Nazaret e o lago de Tiberíades. O tema das vodas de Caná foi tratado iconograficamente xa desde época paleocristiá. Destaca a obra do Veronés, de grandes dimensións, exposta no Museé du Louvre.

    VER O DETALLE DO TERMO