Camposanquense

Camposanquense
s m [PREHIST]

Complexo tecnolóxico identificado nos anos vinte do s XX por Jalhay e Serpa Pinto a partir dun conxunto lítico procedente da praia de Camposancos (A Guarda). Os primeiros investigadores relacionárono co Ancorense portugués e, posteriormente, Maury co Asturense. Estudiado tamén por Xosé María Álvarez Blázquez, Leisner e Vidal Encinas, é difícil de encadrar, tanto cronolóxica como culturalmente. Cano Pan sostén na súa obra Las industrias líticas talladas en la costa de La Guardia a Bayona (1991) que ten unha orixe polixenética e atribúe os distintos útiles deste complexo técnico a unha serie de períodos cronolóxicos distintos.