"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado a distintos lugares do Mediterráneo oriental a partir do s XV a C. Parece que primeiramente se refería a Fenicia. No Antigo Testamento, Canaán designaba a terra situada no poñente do río Xordán. A grande etapa cultural de Canaán correspóndese arqueoloxicamente co Bronce, cando os cananeos ocuparon o país e desenvolveron unha cultura urbana desde o III milenio a C ata a conquista dos hebreos, cara ao 1200 a C, aproximadamente.
-
-
-
ariante gráfica do apelido Canaval.
-
Liñaxe galega que leva como armas, en campo de sinople, un dragón ao natural coas ás abertas, e bordo de ouro. Algúns traen, en campo de azul, cinco anacos de cana de ouro, postos en aspa, e outros, en campo de azul, tres plantas de cana da súa cor, dereitas e postas en faixa.
-
-
GALICIA
Xornalista. Foi funcionario de Facenda en Santiago de Compostela e na Pobra do Caramiñal e destacou como colaborador de El Observador Constitucional, xornal compostelán de carácter liberal editado durante o Trienio Liberal (1820-1823).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario. Emigrou a Arxentina no ano 1910 e estableceuse definitivamente en Montevideo, onde fundou a compañía papeleira Industria Papelera del Uruguay (UPISA). Vinculado ao galeguismo na emigración, foi presidente da Casa de Galicia de Montevideo, da Irmandade Galega e do padroado da Cultura Galega. No ano 1956 elixírono presidente do I Congreso da Emigración Galega celebrado en Bos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Mestura feita de canas ou palla e barro que se empregaba na construción de vivendas e alboios.
-
Porrón feito cun barro poroso que conserva o líquido moi fresco.
-
-
-
Planta herbácea anual, de talo recto, de ata 3 m de altura, follas palmatisectas, de 5 a 7 segmentos longos e profundamente dentados. É orixinaria das estepas de Asia, entre o lago Baikal e o Mar Caspio. Estendeuse o seu cultivo a China, India, Persia, norte de África e Europa meridional, onde a introduciron os escitas cara ao 1500 a C e a difundiron os gregos e, sobre todo, os romanos. O seu cultivo ten como finalidade a obtención de fibra e a extracción das raíces dun aceite secante empregado para facer pinturas e xabón. A produción do cánabo, que acadou o seu máximo na segunda metade do s XIX, diminuíu gradualmente a causa, por unha banda, da competencia de fibras artificiais e, pola outra, das dificultades para conseguir a mecanización necesaria para a transformación da fibra, o que fai necesaria moita man de obra. A variedade índica do cánabo, propia da India oriental e de Irán, contén nos brotes florais femininos apegañentos unha cantidade especialmente elevada dunha secreción...
-
Fibra téxtil de orixe vexetal, obtida dos talos do cánabo, máis fina ca a do liño, e de cor amarela. O cánabo emprégase para facer cordas, alpargatas, sacos, etc. Coas fibras da mellor calidade fabricábanse tamén tecidos para bordalos ou para embalar, fíos finos e rodetes de fío ou de corda. As fibras curtas empréganse, entre outros usos, para encher xuntas en máquinas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
bocadoce.
-
PERSOEIRO
Escultor grego. Realizou a estatua criselefantina de Afrodita en Sicione e a estatua colosal de Apolo no templo de Mileto.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos canacos.
-
Individuo pertencente ao pobo dos canacos.
-
Pobo melanesio presente en Nova Caledonia e nas Îles Loyauté, onde constitúe o 50% da poboación total. Está composto por uns 60.000 individuos, dedicados á agricultura e á pesca. A forte unidade cultural e social contrasta coa súa diversidade lingüística: falan preto de 30 linguas ou dialectos diferentes da familia austronesia.
-
-
-
Recipiente cilíndrico, xeralmente de madeira ou latón, con asa e bico, empregado especialmente para recoller o leite muxido das vacas.
-
-
Medida de capacidade para líquidos, sobre todo viño e leite, que equivale xeralmente a catro litros, dependendo das zonas.
-
Cantidade de líquido que pode conter unha canada.
-
-
Caneta do muíño por onde baixa o gran á moa.
-
-
ENTRADA LARGA
Estado de América do Norte, situado entre o Océano Atlántico ao L, o Pacífico ao O, o Ártico ao N e os EE UU ao S (9.970.610 km2; 30.563.000 h [estim 1998]). Esténdese entre os 42° e os 83° de latitude N e os 53° e os 141° de lonxitude O. A capital é Ottawa.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
A estrutura xeolóxica de Canadá é relativamente simple, nela pódense distinguir tres grandes unidades: o escudo canadense, Precámbrico, as montañas orientais, primarias, e as chairas e montañas occidentais, xurdidas durante o ciclo alpino. O escudo canadense esténdese desde a conca do río Mackenzie, ao NO, polo S da baía de Hudson, ata o extremo oriental da península do Labrador. Os materiais do escudo, granitos, gneises e xistos, pregados durante o Cámbrico, experimentaron un prolongado proceso erosivo, culminado polas glaciacións, que consecuentemente adoptaron un aspecto característico: formas planas, pequenos outeiros illados,... -
-
Carreiro estreito entre montañas ou elevacións do terreo.
-
Camiño moi estreito entre valos ou casas.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, ao NL da capital, regado polo río Genil, onde forma o pantano do Judío (2.904 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Nacional del Teide-Las Cañadas.
-
MONTES
Monte da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias de San Cosme de Montederramo e Gabín, no concello de Montederramo e Rebordechau, no concello de Vilar de Barrio. O seu cumio atópase a 1.607 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Armazón, xeralmente de madeira e con forma de mesa ou estante, na que se colocan ou gardan as canadas ou outras medidas de líquidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sitio onde se gardan ou colocan os canados.
-
-
Relativo ou pertencente a Canadá ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Canadá.
-
Arte desenvolvida no Canadá polas poboacións de orixe europea que se estableceron no país. No s XVII perfilouse unha arte plenamente afrancesada que se manifesta na obra do retratista Claude François, chamado Frère Luc (1614-1685). A arquitectura relixiosa, moi austera, enriqueceuse no s XVIII coas tallas, entre as que sobresaen as dos membros de dúas dinastías de escultores: os Levasseur, orixinarios de Normandía, especialmente Pierre Nöel Levasseur (1690-1770); e os Baillargé, do Poitou, nos que sobresae o escultor, pintor e arquitecto François Baillargé (1678-1781). Destaca tamén Phillippe Lièbert (1732-1804). François Ranvoyzé (1739-1819) e Laurent Amyot (1764-1839) foron importantes prateiros. A finais do s XVIII e durante o s XIX o prerromanticismo e o romanticismo reflectíronse nun certo nacionalismo artístico, interesado no exotismo das culturas e costumes indíxenas, no que participaron artistas da área cultural francesa como François Malepart de Beaucourt (s XVIII), Zacharie...
-
Cine desenvolvido en Canadá. Comezou en 1896 da man de John C. Green e, logo duns primeiros anos de produción relativamente intensa, decaeu cara ao 1920. A National Film Board, creada polo Parlamento en 1939 promoveu, dentro do campo da curtametraxe, a obra de realizadores tan notables como os documentalistas Wolf Koenig e Colin Low e, sobre todo, de Norman McLaren, unha das primeiras figuras mundiais do cine de animación. A comezos da década de 1960 xurdiu unha xeración de realizadores independentes, orientada cara ao cinema verité, entre os que destacaron Claude Jutra, Michael Brault, Guilles Grouix e Don Owen. Posteriormente, cómpre salientar, entre os realizadores de lingua francesa, a Gilles Carle, Denys Arcand, Jean-Pierre Lefebvre e Jean Baudin, e entre os de lingua inglesa, a Ted Kotcheff, Don Shebib, Allan King, Michael Brault, Patricia Rozema e Atom Egoyam.
-
A literatura de Canadá divídese en dous grupos de acordo coa lingua na que se escribe: a literatura anglocanadense, cultivada en lingua inglesa, e a literatura francocanadense, cultivada en lingua francesa. Dentro da literatura anglocanadense, cómpre destacar que o primeiro xénero que adquiriu unhas características de seu foi a novela histórica, iniciada por John Richardson (1796-1852) e continuada por William Kirby (1817-1906). O xénero humorístico, de gran tradición, comezou coas obras de Thomas Chandler Haliburton (1796-1865) e Sara Jeannette Duncan (1862-1922). A poesía romántica, intimista en Isabella Valancy Crawford (1850-1886), inspirouse a miúdo na vida salvaxe do país, seguindo as correntes da época vitoriana inglesa, e orixinou un xénero menor moi cultivado no país: as historias de animais. Foi cultivada por Charles G. D. Roberts (1865-1943), Archibald Lampan (1861-1899) e Bliss Carman (1861-1929). Co s XX, o simbolismo enriqueceu esta temática con...
-
Arte musical desenvolvida en Canadá a partir das contribucións dos inmigrantes europeos. Desde o s XVII os franceses introduciron a música occidental, en particular o xénero vocal, a través da provincia de Québec. Nos comezos do XIX os cantores populares ocupaban un lugar importante na vida musical do país. Ernest Gagnon publicou en 1865 a escolma Chansons populaires du Canada, que iniciou os estudios folclóricos francocanadenses, e Marius Berbeau publicou tamén diversas obras sobre o mesmo tema. A tradición musical británica comezou a introducirse a partir do s XVIII nas provincias marítimas e Terranova. Entre os músicos de ascendencia francesa destacaron Romain Octave Palletier (1844-1927), organista e compositor, Claude Champagne (1891-1965) e Guillaume Couture (1851-1915); entre os de ascendencia inglesa, Ernest Campbell MacMillan (1893-1973), organista e compositor, e Colin McPhee (1900-1964), compositor e pianista. Entre a xeración de músicos de finais do s XX destacan Harry...
-
-
RIOS
Río da rexión das chairas interiores dos EE UU, afluente do río Arkansas (1.544 Km). Nace en Sangre de Cristo Range, nas Rochosas meridionais, estado de Novo México, e atravesa os estados de Texas e Oklahoma. É de réxime pluvial.
VER O DETALLE DO TERMO