canada
canada
(< 1 cana ‘recipiente’)
-
s
f
Recipiente cilíndrico, xeralmente de madeira ou latón, con asa e bico, empregado especialmente para recoller o leite muxido das vacas.
Ex: No Entroido de Castro de Laza, é tradicional que os peliqueiros collan a canada e boten pingas de leite no chan. A vaca dá tan pouco leite que non enche unha canada.
Sinónimos: canado. -
s
f
[METROL]
-
Medida de capacidade para líquidos, sobre todo viño e leite, que equivale xeralmente a catro litros, dependendo das zonas.
Ex: Na romaría bebemos tres canadas de viño.
Confrontacións: canado. -
Cantidade de líquido que pode conter unha canada.
-
-
s
f
[ETN]
Caneta do muíño por onde baixa o gran á moa.
Sinónimos: calella, calexa, canella.