canada

canada

(< 1 cana ‘recipiente’)

  1. s f

    Recipiente cilíndrico, xeralmente de madeira ou latón, con asa e bico, empregado especialmente para recoller o leite muxido das vacas.

    Ex: No Entroido de Castro de Laza, é tradicional que os peliqueiros collan a canada e boten pingas de leite no chan. A vaca dá tan pouco leite que non enche unha canada.

    Sinónimos: canado.
  2. s f [METROL]
    1. Medida de capacidade para líquidos, sobre todo viño e leite, que equivale xeralmente a catro litros, dependendo das zonas.

      Ex: Na romaría bebemos tres canadas de viño.

      Confrontacións: canado.
    2. Cantidade de líquido que pode conter unha canada.

  3. s f [ETN]

    Caneta do muíño por onde baixa o gran á moa.

    Sinónimos: calella, calexa, canella.