canaco -ca
canaco -ca
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo dos canacos.
-
s
[ETN]
Individuo pertencente ao pobo dos canacos.
-
s
m
[ETN]
Pobo melanesio presente en Nova Caledonia e nas Îles Loyauté, onde constitúe o 50% da poboación total. Está composto por uns 60.000 individuos, dedicados á agricultura e á pesca. A forte unidade cultural e social contrasta coa súa diversidade lingüística: falan preto de 30 linguas ou dialectos diferentes da familia austronesia.