"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro mecánico austríaco. Especializado en turbinas hidráulicas, perfeccionou as de hélice a fin de obter velocidades de rotación altas. Inventou a turbina hidráulica que leva o seu nome, a turbina Kaplan.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto de area de Turkmenistán (350.000 km2), situado entre o Mar Caspio e o río Amudarja.
-
PERSOEIRO
Xadrecista. Aos 18 anos gañou o título mundial xuvenil. Dous anos máis tarde comezou unha gran carreira internacional na que o primeiro galardón foi o título de Gran Mestre que conseguiu en Caracas. En 1975 acadou o título mundial por renuncia do estadounidense Robert Fischer. Defendeuno contra Korčnoj en Filipinas en 1978 e en Italia en 1981. Mantivo o título ata 1985, cando o perdeu fronte a Gary Kasparov. En 1993 gañou o campionato do mundo da Federación Internacional de Xadrez, logo de que Kasparov crease unha organización paralela, a Asociación Profesional de Xadrez.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós de Macedonia, Grecia (1.720 km2; 52.685 h [1991]). A súa capital é Kastoría (20.713 h [1981]).
-
PERSOEIRO
Dramaturgo húngaro. A súa obra de renovación foi importantísima dentro do teatro húngaro. A súa obra máis significativa é Bánk ban (1814), traxedia nacional, de intención alegórica, sobre o destino milenario de Hungría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista, príncipe de Kanitz-Rietberg (1764). Foi chanceler (1753-1792) baixo os reinados de María Tareixa, Xosé II e Leopoldo II. Foi un clásico representante do despotismo ilustrado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joseph Francis Keaton
-
PERSOEIRO
Actriz. Foi a musa de Woody Allen, que a dirixiu en diversos filmes como Radio Days (1987), Manhattan Murder Mistery (1993) ou Annie Hall (1977), pola que conseguiu un Oscar. Participou tamén noutras películas como Looking for Mr Goodbar (1977), Reds (1980), The Little Drummer Girl (1984), Father of the Bride (1991), The First Wives Club (1996), Town & Country (2001) e Something´s Gotta Give (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director cinematográfico. Coñecido como Buster Keaton, creou un personaxe de aparencia imperturbable, entre a candidez e o cinismo, en filmes como The Cameraman (1928) ou Steamboat Bill Jr. (1928). Como director evidenciou un gran sentido do ritmo e da construción dramática de filmes como Cops (1922), The Navigator (1924) ou The General (1927), nos que tamén participou como actor. Coa aparición do cine sonoro iniciou a súa decadencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Distribución irregular dunha corrente variable que circula por un condutor, de maneira que a densidade da corrente é máis grande na periferia ca a no interior. Aumenta coa frecuencia e, cando é moi elevada, as correntes circulan practicamente pola superficie do condutor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tomé de Kempis.
-
CIDADES
Cidade de Inglaterra, Reino Unido, unha das 32 que integran a área metropolitana do Gran Londres, na beira N do río Támesis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política e avogada. Doutora en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid (1924), foi a primeira muller en España en exercer como avogada nos tribunais. Durante a Segunda República foi deputada a Cortes (1931, 1936) e directora xeral de Prisións, cargo desde o que intentou mellorar as condicións xurídicas e de calidade de vida da poboación reclusa. En 1937 enviárona a París como secretaria da embaixada española e, ao rematar a Segunda Guerra Mundial, exiliouse en México ata 1949, data na que se trasladou a Nova York. Nesta cidade iniciou o seu traballo na ONU, na sección de Defensa Social (1950-1952), e fundou a revista Ibérica. Publicou Cuatro años en París (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico. Na obra Das Pflanzenleben der Donauländer (A vida das plantas das terras do Danubio, 1863) describiu os tipos básicos de asociacións vexetais da Europa media, que serviron de base para as elaboracións teóricas de Karl Schorötter.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto segundo o que unha substancia dieléctrica isótropa, sometida á acción dun campo eléctrico, se volve birrefrinxente e pasa a comportarse como un medio onde o eixe óptico é paralelo a este campo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto polo que, se un feixe de luz polarizada segundo un plano incide no polo dun electroimán puído, de xeito que actúe coma un espello, o plano de polarización da luz reflectida varía segundo a excitación do electroimán.
-
-
Cargo ou función do khan.
-
Territorio sometido á xurisdición do khan.
-
-
PERSOEIRO
Rei franco de París (511-558), terceiro fillo de Clodoveo I e Clotilde. Trala morte do seu pai recibiu o territorio entre o Sena e o Loire, con París como capital. Xunto co seu irmán Clotario I, asasinou (530) os fillos do seu irmán Clodomiro I de Orléans (?-524), para apoderarse do seu reino. Posteriormente loitaron contra o rei visigodo Amalarico e conquistaron o reino dos burgundios. Ao morrer sen descendencia masculina, Clotario I apoderouse do seu reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei franco de Austrasia (575-596?) e de Borgoña e Orléans (592?-596?), fillo do Rei Sixeberto I e Bruniquilda. Foi adoptado polo seu tío, o Rei Guntram I de Borgoña-Orléans, co que loitou contra Khilperico I de Neustria-Soissons. Ao morrer Guntram I (592?), herdou os reinos de Borgoña e Orléans e unha parte do de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei franco de Neustria e de Borgoña (695-711), fillo de Teodorico III de Borgoña-Neustria-Austria e Clotilde. Sucedeu o seu irmán Clodoveo III, pero foi un rei nominal baixo o goberno do mordomo do palacio Pipino de Héristal.
VER O DETALLE DO TERMO