Karpov, Anatolij Yevgenievich

Karpov, Anatolij Yevgenievich

Xadrecista. Aos 18 anos gañou o título mundial xuvenil. Dous anos máis tarde comezou unha gran carreira internacional na que o primeiro galardón foi o título de Gran Mestre que conseguiu en Caracas. En 1975 acadou o título mundial por renuncia do estadounidense Robert Fischer. Defendeuno contra Korčnoj en Filipinas en 1978 e en Italia en 1981. Mantivo o título ata 1985, cando o perdeu fronte a Gary Kasparov. En 1993 gañou o campionato do mundo da Federación Internacional de Xadrez, logo de que Kasparov crease unha organización paralela, a Asociación Profesional de Xadrez.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Zlatoust, Rusia