"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Alcaloide presente nas raíces de Hydrastis canadensis. Pertence ao grupo da berberina, da que deriva por hidroxenación do núcleo piridínico que posúe cando está en forma de base de iminio. Existen dúas formas estereoisómeras, das que a natural é a levoxira. Actúa como paralizante do sistema nervioso central.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Canle para conducir a auga.

    2. Canle de madeira dos muíños, pola que cae o gran desde a moega ata o ollo da moa.

    3. al ou camiño estreito e fondo que se utiliza como paso entre montañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe condritio, de preto de 3,5 m, co corpo alongado e fusiforme, ollos pequenos e redondos, sen membrana nictitante e cunha crista dérmica delgada nos lados do pedúnculo caudal. Ten dúas aletas dorsais, a primeira máis do dobre de grande ca a segunda, e as peitorais moi longas e estreitas en forma de gadaña. Carece de liña dorsal e na base do pedúnculo caudal amosa unhas quillas pouco marcadas. Ten dentes triangulares e serrados ao longo das arestas, nas dúas mandíbulas. Amosa unha cor azulada intensa, máis escura no dorso e algo máis pálida nos costados, e clara na rexión ventral. Localízanse tanto en alta mar como preto das costas, ás veces en grandes cantidades. De hábitos nocturnos, aliméntase principalmente de pequenas presas, como peixes óseos e luras.

    2. tiburón.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Recipiente cilíndrico de madeira ou latón que se emprega para recoller o leite muxido das vacas.

      2. Recipiente de arxila para conter auga.

      1. Medida de capacidade para líquidos, especialmente para o viño, que adoita ser de dúas olas ou trinta e dous litros.

      2. Cantidade de líquido que pode conter un canado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea perenne e tuberculadas de ata 1,75 m de altura, de talos estriados e follas tripinnadas, con flores de pétalos amarelos dispostas en umbelas grandes e esferoidais de ata 25 raios. Ten un froito de ata 15 mm con expansións membranosas. Esténdese por toda a Península Ibérica e polo sur de Francia. Resulta tóxica para o gando e provoca fotosensibilización nas ovellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea de talo moi robusto, de ata 6 cm de diámetro e 3 m de altura, con follas ata 4 veces pinnadas, flores amarelas nunha umbela terminal grande de ata 40 raios e froitos de ata 15 mm. Está presente en outeiros secos e pedregais da metade oriental de Galicia e resulta tóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía, na rexión da Tracia (1.585 km2; 60.300 h [1990]). A capital é Çanakkale (53.900 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica que remite ao latín canale ‘canle’.

      1. Obra destinada a conducir, y con diversas finalidades, masas de auga derivadas de ríos, torrentes, lagos naturais e artificiais ou augas subterráneas mediante unha captación adecuada. Poden clasificarse en industriais, de abastecemento de poboacións, de regadío e de drenaxe (ou de saneamento); os dous primeiros tipos levan un caudal constante, mentres que nos de regadío diminúe e nos de drenaxe aumenta. Os principais problemas técnicos que aparecen ao proxectar un canal son: a impermeabilidade, a estabilidade mecánica e os cálculos hidráulicos. O tipo de sección e as obras están condicionadas polo terreo, de modo que un canal pode ser de sección de trapecio, en terreos pouco compactos; rectangular, sobre rocha; revestido ou non, segundo o terreo sexa ou non permeable; aberto ou cuberto para evitar a caída de materiais estraños; e en túnel, en terreos moi accidentados. Para asegurar a súa impermeabilidade, os canais construídos...

      2. ía, xeralmente realizada mediante a escavación do terreo, que se abre á navegación grazas a traballos de dragado. O canal de substitución substitúe un tramo dun río tamén navegable. O canal de penetración permite aos barcos acceder a zonas ás que doutra maneira non poderían chegar. O canal de enlace une dous mares ou dous océanos co fin de acurtar as distancias marítimas, e pode ser a nivel, como o canal de Suez, ou con esclusas, como o canal de Panamá.

      3. Estreitamento artificial feito nun río para facilitar a pesca.

      4. canal internacional

        Canal de enlace que une dous puntos de alta mar e que ten un réxime xurídico internacional especial, polo que está aberto á libre navegación como os canais de Suez, Panamá e Kiel.

      5. canal de descarga

        Canal empregado para devolver ao río ou a outro canal as augas procedentes de vertedoiros ou de comportas de limpeza. Nel admítense velocidades moito maiores que nun canal normal.

      1. Brazo de mar natural ou artificial situado entre dúas illas ou entre unha illa e o continente.

      2. canal de navegación

        Interrupción do cinto coralino dun atol, que permite o paso entre o lagoon e o mar aberto.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obra destinada a conducir, y con diversas finalidades, masas de auga derivadas de ríos, torrentes, lagos naturais e artificiais ou augas subterráneas mediante unha captación adecuada. Poden clasificarse en industriais, de abastecemento de poboacións, de regadío e de drenaxe (ou de saneamento); os dous primeiros tipos levan un caudal constante, mentres que nos de regadío diminúe e nos de drenaxe aumenta. Os principais problemas técnicos que aparecen ao proxectar un canal son: a impermeabilidade, a estabilidade mecánica e os cálculos hidráulicos. O tipo de sección e as obras están condicionadas polo terreo, de modo que un canal pode ser de sección de trapecio, en terreos pouco compactos; rectangular, sobre rocha; revestido ou non, segundo o terreo sexa ou non permeable; aberto ou cuberto para evitar a caída de materiais estraños; e en túnel, en terreos moi accidentados. Para asegurar a súa impermeabilidade, os canais construídos...

      2. ía, xeralmente realizada mediante a escavación do terreo, que se abre á navegación gracias a traballos de dragado. O canal de substitución substitúe un tramo dun río tamén navegable. O canal de penetración permite aos barcos acceder a zonas ás que doutra maneira non poderían chegar. O canal de enlace une dous mares ou dous océanos co fin de acurtar as distancias marítimas, e pode ser a nivel, como o canal de Suez, ou con esclusas, como o canal de Panamá.

      3. Estreitamento artificial feito nun río para facilitar a pesca.

      4. canal internacional

        Canal de enlace que une dous puntos de alta mar e que ten un réxime xurídico internacional especial, polo que está aberto á libre navegación como os canais de Suez, Panamá e Kiel.

      5. canal de descarga

        Canal empregado para devolver ao río ou a outro canal as augas procedentes de vertedoiros ou de comportas de limpeza. Nel admítense velocidades moito maiores que nun canal normal.

      1. Brazo de mar natural ou artificial situado entre dúas illas ou entre unha illa e o continente.

      2. canal de navegación

        Interrupción do cinto coralino dun atol, que permite o paso entre o lagoon e o mar aberto.

      3. canal submarino

        al pouco encaixado e abrupto, lixeiramente sinuoso, que entalla o glacis continental e os abanos submarinos, ou que ocupa a valgada na intersección de dous glacis opostos.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica que remite ao latín canale ‘canle’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • al de Aragón, entre as provincias de Huesca e Zaragoza. Atravesado polo río Aragón en sentido O-L, a profundidade do seu canón, escavado sobre unha serie sedimentaria de gran potencia, é unha das paraxes naturais máis impresionantes da Península Ibérica. O Canal de Berdún constitúe un municipio da provincia de Huesca (429 h [1996]), con capital na vila de Berdún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle privada de televisión por pago dependente do grupo Sogecable que comezou as súas emisións en setembro de 1990. A súa programación inclúe cine de estrea en televisión sen cortes publicitarios, versións orixinais dalgúns filmes, transmisións deportivas, documentais e programas de produción propia emitidos en aberto como Lo+Plus, Las noticias del Guiñol, El día después, El tercer tiempo ou Contrarreloj. Xunto a ela, Canal Satélite Digital, creada en xaneiro de 1997, ofrece emisións en dixital a través do sistema de satélites Astra, incluíndo son de calidade estéreo láser e dolby surround, tres canles (Canal+, Canal+ Rojo e Canal+ Azul) e máis de 150 servicios de programación. Ambas as dúas plataformas colaboran coa CNN e o grupo Turner. En canto á programación relacionada con Galicia, Canal+ e Continental Producións produciron, co gallo da celebración do Xacobeo 99, a película La Rosa de Piedra, rodada no Camiño de Santiago coa participación de actores galegos como Quico Cadaval...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido co sobrenome de Il Canaletto, formouse co seu pai, Bernardo, decorador de teatro. En 1719, influído pola súa estancia en Roma e polas ensinanzas de Lucca Carlevaris, Gaspard van Wittel e Marco Rici, iniciou a temática de paisaxes urbanas ou vedute de Venecia que o fixeron moi popular, especialmente en Inglaterra. O seu estilo inicial sitúase dentro dunha tradición cromática e lumínica caravaggista, reflectido nas súas obras Esclusas de Dolo e Taller de marmorista en San Vitale, que a partir de 1727 cobrou máis claridade. Entre 1730 e 1746 o aumento da súa produción implicou a intervención activa do seu taller e un manierismo progresivo, como por exemplo en Regata sobre o Gran Canal e Dársena de San Marcos, aínda que gravou unha serie de trinta e unha augafortes de gran calidade. Entre 1746 e 1755 residiu en Inglaterra onde pintou paisaxes e casas de campo. A súa produción caracterízase por un obxectivismo topográfico,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e historiador. Foi profesor de teoloxía en Salamanca, Burgos, Toledo e Madrid, e no 1814 confinárono en Ávila. Colaborou no xornal de tendencia liberal El Universal. Novamente en Madrid continuou, xunto con Antolín Merino, o libro España Sagrada de Enrique Flórez. Publicou Pintura de un jansenista (1799). En 1844 foi nomeado director da Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de algodón que se caracteriza, como todos os caniculados, por un punto característico e moi marcado, que se obtén mediante diferencias de grosor entre os fíos de urdime e de trama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político liberal. Doutor en Dereito e Filosofía e Letras, dende moi novo dedicouse ao xornalismo político: fundou El Demócrata e dirixiu El Heraldo de Madrid. Vinculado ao partido republicano, pasou máis tarde ao partido liberal. Deputado desde 1881, ocupou a subsecretaría da presidencia do goberno de Posada Herrera (1883) e foi ministro con Sagasta, etapa na que se encargou das carteiras de Fomento, Gracia e Xustiza, Facenda e Agricultura. En 1903 apoiou a Uxío Montero Ríos na loita entre faccións que se abriu no partido para suceder a Sagasta. Foi presidente do Congreso de los Diputados (1905-1906) e presidente do Consello de Ministros (1910-1912). Recoñeceu a necesidade de negociar cos representantes do movemento obreiro e elaborou diversas leis de protección social sobre xornadas máximas de traballo, sobre o emprego das mulleres, os contratos de aprendizaxe, etc. Intentou reducir o papel político do exército. Trala súa morte, víctima dun atentado perpetrado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Carlos II o 12 de outubro de 1675 a Gabriel Menéndez de Avilés y Porres, adiantado de Florida, cabaleiro e comendador da orde de Alcántara, do Consello e Cámara do Rei e do Consello Real de Indias, e posuidor do morgado da casa de Avilés. A décima condesa de Canalejas casou en 1816 con Juan Antonio de Armada e Ibáñez de Mondragón, sexto marqués de Santa Cruz de Ribadulla, pasando así o título a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido por Real Decreto o 23 de novembro de 1913 a María Purificación Fernández Cadenas, nada en Valladolid e viúva de Xosé Canalejas. O título foi herdado polos seus fillos María Asunción e José, morto en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Retirouse da carreira militar co grao de tenente de intendencia en 1929. Fundou en 1933 a Falange Española da Coruña. En abril de 1936 fuxiu da cidade herculina e trasladouse a Madrid onde participou na reunión de mandos rexionais da Falange. Foi detido polas autoridades republicanas, xulgado e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO