"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Que ou quen aprovisiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aprovisionar ou aprovisionarse.

    2. Conxunto de provisións acumuladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proporcionar a alguén as cousas necesarias.

    2. Facerse con provisións ou con todo o preciso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aproximar ou aproximarse. OBS: A grafía x representa o son [Ks].

      1. Cálculo ou valoración que se achega de forma pouco exacta a un dato ou cantidade determinada.

      2. Premio concedido na lotería aos números que pertencen á mesma centena dos primeiros números premiados.

      1. Conxunto de manobras feitas por un avión para preparar a aterraxe, mediante operacións visuais ou instrumentais.

      2. aproximación directa

        Aproximación na que o punto de espera da aproximación final se substitúe polo voo da aeronave ao longo do eixe da pista de aterraxe en servicio.

      3. aproximación final

        Parte da aproximación dunha aeronave que comeza no punto de espera e remata cando a aeronave efectúa o endereitamento.

      4. aproximación inicial

        Parte da aproximación dunha aeronave comprendida entre o punto de entrada e o punto de espera; ou, no caso dunha aproximación directa, dende o punto de entrada ata que a aeronave chega ao eixe da pista de aterraxe.

      5. control de aproximación

        Servicio dos aeroportos que se ocupa do control dos avións que queren despegar ou aterrar.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aproximar ou aproximarse. OBS: A grafía x representa o son [Ks].

    2. Que se achega á exactitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar algo ou alguén cerca dun punto de referencia. OBS: A grafía x representa o son [Ks].

    2. Poñer moi próximo a alguén nun sentido afectivo, ideolóxico, moral, etc.

    3. Situarse próximo no tempo ou no espacio.

    4. Estar a punto de acontecer.

    5. Situarse afectiva e moralmente próximo a outra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizado por aproximación. OBS: A grafía x representa o son [Ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ninfa da mitoloxía hindú. As apsarā, en número de máis de dez millóns, son semideusas acuáticas que viven no paraíso de Indra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península da República de Acerbaixán, que se interna no mar Caspio. É a prolongación do Gran Cáucaso, e ten un relevo de costas baixas e areosas, xunto cun núcleo central onde se atopan numerosas explotacións de petróleo e gas natural. O principal núcleo de poboación é Bakú.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apoastro ou periastro dunha órbita, como por exemplo, cada un dos extremos do eixe maior da órbita elíptica que un planeta describe ao xirar arredor do Sol.

    2. Liña que une o apoastro e o periastro dunha órbita. No caso dun planeta que xira arredor do Sol, o eixe maior da órbita elíptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de inconsciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Linguaxe empregada para a obtención de programas informatizados para a mecanización de pezas en máquinas-ferramentas, desenvolvida polo Massachussets Institute of Tecnology a partir de 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés, procedente da televisión. Mostrou preferencia por temas insólitos e o mantemento do suspense e da emoción nos seus filmes. Entre as súas obras destacan Triple Echo (Tráxica decisión, 1972), The Squeeze (Extorsión abominable, 1977), Gorky Park (Misterio do parque Gorky, 1983), Gorillas in the mist (Nas montañas dos gorilas, 1988) e o documental Moving the mountain (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quinto piso do Cretáceo inferior, situado por riba do Barremense e por debaixo do Albense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Apteniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de ás, especialmente nos insectos. A apteria primaria preséntase en insectos que proveñen filoxeneticamente de formas que nunca tiveron ás; a apteria secundaria, en insectos que filoxeneticamente proveñen de formas aladas, pero que perderon as ás durante a evolución como adaptación ao seu modo de vida (parasitismo, cavernicolismo, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto da subclase dos apterigotos.

    2. Subclase de insectos integrada por individuos ápteros, ametábolos e provistos de apéndices abdominais; a súa apteria é primaria. Engloba as ordes dos tisanuros, dos dipluros, dos proturos e dos colémbolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás apteríxidas.

    2. Ave da orde das apteríxidas.

    3. Familia de aves da orde dos apterixiformes que ten como único representante o xénero Apteryx.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da orde dos apterixiformes.

    2. Orde de aves da superorde dos paleognados ao que pertence a familia das apteríxidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten ás.

    2. Designa unha figura, habitualmente alada, que aparece representada sen ás de forma excepcional.

      1. Aplícase á edificación, especialmente templos gregos da Antigüidade, que pode ter columnas nas fachadas principais, tanto anteriores como posteriores, pero non nas laterais. O máis famoso destas características é o templo da Niké Áptera na Acrópole de Atenas.

      2. Aplícase tamén á edificación sen pórticos laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO