"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Tropismo causado pola acción da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de hierático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tropismo que ten como factor estimulante a humidade. Presentan higrotropismo moitos animais e plantas, e pode ser positivo ou negativo segundo a resposta sexa elevada ou baixa ao redor da humidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hilomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina aristotélica que afirma que os corpos están constituídos por dous principios distintos e complementarios, a materia e a forma. Mentres que a materia é o principio informe e determinable, a forma é a determinación da materia; polo que se pode afirmar que os corpos reciben as súas propiedades cuantitativas da materia e as cualitativas da forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica que atribúe ao mundo e á materia o carácter de ser vivo. 

    2. Movemento literario, relacionado co creacionismo e co ultraísmo, que se desenvolveu a partir da década de 1920 ao redor da obra poética de Luís Amado Carballo. A temática e o protagonismo das súas composicións establécense en base á aparición dunha paisaxe rural ou natural con características humanizadoras e cheas de elementos populares. Dótase, ademais, dunha serie de recursos estilísticos como a sinestesia, a metáfora e o símil, que enchen de elementos sensoriais as composicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión propia de India que se caracteriza pola aceptación da autoridade dos Vedas. A súa profesión implica máis un conxunto de observancias sociais, que un credo común, do que carece, ou dunha uniformidade litúrxica, que tampouco posúe. De todos os xeitos, como outras relixións o hinduísmo divide o seu corpo doutrinal en dúas grandes seccións: a revelación ou śruti e a tradición ou smrti. A revelación está integrada por Veda, Brāhmana, Aranyaka e Upanishād. A tradición está composta pola literatura épica, os Pūrana e os Tantra. A doutrina do atmā brahma é central no hinduísmo, pero os diversos sistemas interprétana de distinto xeito, que basicamente se reduce a tres: o advaita ou non-dualismo, representado principalmente por Śankara, que afirma que o absoluto e o relativo non son dúas realidades á parte, aínda que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Función esaxerada da glándula suprarrenal, cun exceso de secreción de aldosterona, principal hormona mineralcorticoide. Pode ser de orixe primaria, debido a un adenoma suprarrenal, ou secundaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno lingüístico que consiste na manipulación de palabras galegas coa intención de diferencialas ou afastar das súas correspondentes en castelán, dando lugar a formas incorrectas que pretenden pasar por xenuínas. É o caso, por exemplo, de *montana por montaña, *primaveira por primavera. OBS: Tamén se denomina hipergaleguismo. Algúns autores empregan hiperenxebrismo cando o proceso afecta a cultismos e hipergaleguismo cando atinxe a voces patrimoniais.

    2. Forma lingüística creada por hiperenxebrismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da actividade das cápsulas suprarrenais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade esaxerada do bazo na súa función destrutora de células sanguíneas, que pode dar lugar a anemia, leucopenia e trombopenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hiperenxebrismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento anormal da secreción hipofisaria, especialmente do lóbulo anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación de hipersecreción de insulina por parte do páncreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade provocada pola esaxeración ou o funcionamento excesivo das glándulas paratiroides e que produce descalcificación ósea, trastornos do crecemento e do trofismo do esqueleto, hipercalcemia, hipercalcuria, debilidade muscular e trastornos neurolóxicos e mentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hiperhipofisismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia pitórica, coñecida tamén como realismo fotográfico e realismo radical, entre outros termos, que pretende ofrecer unha versión minuciosa e detallada das imaxes. Naceu en West--Coast, EE UU, promoveuse en Europa na Documenta de Kassel de 1972 e confirmouse na exposición que, co nome de Hiperrealismo, presentou en París Uldo Kulterman. Os artistas hiperrealistas tratan de transcribir a realidade servíndose dos medios técnicos e fotográficos de manipulación das imaxes. Entre outros destacaron D. Hanson, J. Salt, D. Eddy, C. Clarke, J. de Andrea, J. Harvorth, A. Dworjowitz e C. Bravo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hiperepinefrismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade excesiva do timo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado patolóxico causado pola hiperfunción da glándula tiroide. Os síntomas máis importantes son taquicardia, exoftalmia e bocio. OBS: Tamén se denomina tirotoxicose.

    VER O DETALLE DO TERMO