hilozoísmo
hilozoísmo
(< hilo- + gr ζωή ‘vida’ + -ismo’)
-
s
m
[FILOS]
Doutrina filosófica que atribúe ao mundo e á materia o carácter de ser vivo.
-
s
m
[LIT]
Movemento literario, relacionado co creacionismo e co ultraísmo, que se desenvolveu a partir da década de 1920 ao redor da obra poética de Luís Amado Carballo. A temática e o protagonismo das súas composicións establécense en base á aparición dunha paisaxe rural ou natural con características humanizadoras e cheas de elementos populares. Dótase, ademais, dunha serie de recursos estilísticos como a sinestesia, a metáfora e o símil, que enchen de elementos sensoriais as composicións.