hilota

hilota

(< lat Ilōta < grΕἰλώτης)

  1. s [HIST]

    Escravo público adscrito á terra na antiga Esparta, que era atribuído aos cidadáns e que carecían do dereito a abandonar as terras, aínda que os espartanos tampouco tiñan dereito a quitarlles as terras de cultivo. Eran moito máis numerosos ca os cidadáns, e foron unha causa constante de inquietude para os espartanos polas diversas revoltas que protagonizaron. No s III a C Cleómenes III de Esparta ofreceulles a posibilidade de adquirir a súa liberdade e no s II foron liberados por Nabis. Posiblemente fosen os primeiros habitantes de Esparta escravizados polos dorios.

  2. s

    Persoa desposuída dos dereitos de cidadanía.