"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Político estadounidense. Avogado e senador republicano, desde 1947 foi presidente do comité de actividades anti-estadounidenses, que desenvolveu unha campaña, o maccarthismo, que tivo como consecuencia a súa destitución (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e ensaísta venezolano. Doutor en Ciencias Políticas e Sociais, preside a Biblioteca Ayacucho, un ambicioso proxecto editorial en que se recolle unha selección de textos desde a época precolombina ata a actualidade. Interesado pola produción literaria do seu país, publicou os estudios La nueva poesía venezolana (1959) e Vida y letra en el tiempo (1988). Ademais, é autor de numerosos libros de poemas, como Edad de la esperanza (1947), Los caminos del hombre (1958) e Oficio de la palabra (1989). Foi galardoado co Premio Boscán (1953), co Premio Internacional Simón Bolívar (1957) e co Premio Nacional de Literatura de Venezuela (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial. Durante a Segunda Guerra Mundial axudou a numerosos fuxidos dos países belixerantes a pasar ao exilio. Ao remate da guerra introduciuse na industria turística. A axencia de viaxes co seu nome converteuse nunha das máis importantes organizacións turísticas do mundo, con sucursais en Europa e América, e con hoteis nos principais puntos turísticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador da arte. En 1916 foi nomeado director do Museo Arqueológico Nacional. Catedrático de Arqueoloxía da Universidad Complutense de Madrid desde 1912, dirixiu as escavacións de Numancia e Mérida. Escribiu monografías e artigos sobre arqueoloxía e historia da arte. Publicou El sortilegio de Karnak (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Doutor en Dereito, foi deputado por Pontevedra no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985) e Coalición Galega (1985-1989). Foi conselleiro de Economía, Facenda e Comercio e vicepresidente da Xunta de Galicia (1983-1984). Exerceu como presidente do Consello de Administración de ISODEL e FRIGSA e foi director xeral de Política Financeira do goberno central, representante de España ante a OCDE, no FMI e no Banco Mundial. Escribiu Teoría de los ciclos, Non somos inocentes (1990), A Galicia posible (1992), Bieito Bieito (1993), Coa palleta distraída (1994), A falacia do economicismo (1994), Luces de Fisterra (1994) e Sorte do paxariño (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Oeiras (1759) e marqués de Pombal (1769). Ao acceder ao trono Xosé I de Portugal (1750) foi secretario de Guerra e de Estado e a partir das medidas que adoptou para paliar as consecuencias do gran terremoto de Lisboa de 1755, obtivo a total confianza do rei e gobernou cun poder omnímodo. Fomentou a agricultura e a industria e impulsou o comercio coa creación de diversas compañías mercantís. Reformou a Universidade de Coimbra, impulsou o ensino e reorganizou o exército e a administración. A arbitrariedade dos seus métodos tamén lle crearon moitos inimigos e á morte de Xosé I (1777), foi exiliado da corte e retirouse a Pombal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Técnico de remo. Participou no campionato de España (1960) e nos Xogos Olímpicos de Roma (1960). Foi xefe do equipo de remo en 1992 e vicepresidente da Federación Española de Remo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Director xeral de Caixa Galicia desde 1981, foi director xeral da Caja General de Ahorros de Ferrol (1977-1978) e profesor das universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid. É presidente da Corporación Caixa Galicia, de ENCE, do Grupo Ahorro Corporación Financiera, e vicepresidente primeiro de CASER (Caja de Seguros Reunidos), de Unión Fenosa e da Fundación Caixa Galicia. Ademais de conselleiro de diversas compañías e membro de varias fundacións como o Consello Universitario de Galicia, recibiu a Medalla Castelao (1999) e a distinción Grelo de Ouro (2002), e foi doutor honoris causa pola Universidade da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escenógrafo e artista plástico. Fixo escenografías e máscaras para diversos colectivos teatrais. Traballou co Grupo de Teatro Monicreques, con Titirití e co Centro Dramático Galego, e fixo as máscaras para as obras Agasallo de sombras e Os vellos non deben namorarse. En 1985 tamén realizou as máscaras para a obra Ubue no outeiro do grupo Teatro das Catro Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Foi representante rexional do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR, 1980), representante rexional adxunto para Centroamérica, Panamá e Caribe (1987-1988) e enviado especial para a antiga Iugoslavia (1991). Foi nomeado representante rexional de ACNUR para os países do Benelux e as Institucións Europeas (1993-1994), e foi elixido deputado europeo independente polo PSOE en 1994. Escribiu El amor armado (1996), Pura vida (1998) e Luanda, 1936 (2001). Recibiu o Premio por la Paz de la Asociación Naciones Unidas (1993) e a Medalla de Oro de la Cruz Roja Española (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Especialista en rehabilitación de lesións medulares, foi xefe do departamento de rehabilitación do Hospital Nacional de Parapléjicos e colaborou como experto médico no Laboratorio de Inteligencia Artificial da facultade superior de Informática da Universidad Politécnica de Madrid. Recibiu o primeiro Premio do Inserso de Ayudas para discapacitados (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro. Alcalde da Cañiza desde 1976, foi membro (1976-1987), vicepresidente (1987-1990) e presidente (1990-1995) da Deputación Provincial de Pontevedra e secretario do consello de administración da Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra. En 1993 foi elixido senador por Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Soto Soto.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico belga. Sacerdote (1874), arcebispo de Malinas (1906) e cardeal (1907), foi profesor en Lovaina (1882), onde fundou o Institut Supérieur de Philosophie (1889) e a Revue Néoscolastique (1894). Entusiasta do movemento neotomista, como demostrou na obra Cours de Philosophie (1892-1894), combateu o cientifismo e o modernismo. Da súa produción tamén destaca Oeuvres pastorales (1911-1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Dereito, pertence ao grupo de escritores que iniciaron ao redor de 1975 unha nova etapa para a narrativa en lingua castelá. Comezou publicando poesía, recollida en Cumpleaños lejos de casa (1987), para logo pasar á narrativa, que desenvolveu en La novela de Andrés Choz (1976), a triloxía Las crónicas mestizas (1992) e Cuatro nocturnos (1999). En 1993 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil por No soy un libro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Tipógrafo e posteriormente periodista, foi un dos primeiros membros españois da Primeira Internacional. Abandonou o bakuninismo e con Paulo Iglesias Posse e os irmáns Mora fundou a Nueva Federación Madrileña. Exiliado a Londres (1874), relacionouse con F. Engels e K. Marx, do que traduciu ao castelán (1891) Das Elend der Philosophie (Miseria da filosofía, 1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Participou nas campañas de Marrocos e en 1932 converteuse en xeneral. Cando comezou a Guerra Civil Española (1936-1939), uniuse ao bando republicano. Foi nomeado presidente da Junta de Defensa de Madrid (novembro de 1936), xefe dos exércitos do centro (febreiro de 1937) e da zona centro-sur (abril de 1938). Aceptou a presidencia do Consejo Nacional de Defensa despois do golpe de S. Casado e tras o remate da contenda tivo que exiliarse a México.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista, historiador e político. Letrado do Consello do Estado e profesor titular da Universidad Complutense en Dereito da Comunicación Audiovisual. Foi membro do Comité Executivo Nacional do PP, secretario de Estado de Relacións coas Cortes (1996-2000) e voceiro do grupo parlamentario popular no Senado (1995-1996). Deputado desde 1996, foi nomeado ministro de Xustiza (2002-2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor inglés. Coñecido como Michael Caine, comezou a súa carreira con papeis en dramas televisivos, e posteriormente pasou ao cine. Despois de debutar con A Hill in Korea (1956), interpretou The Ipcress File (1965), The Man Who Would Be King (1975), Hanna and Her Sisters (1986, Oscar ao mellor actor secundario 1987), Blood & Wine (1996, Concha de Prata ao mellor actor), The Cider House Rules (1999, Oscar ao mellor actor secundario 2000), The Quiet American (2002) e Around the Bend (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e tradutor. Doutorouse (1950) en Filoloxía Clásica pola Universidad Central de Madrid. En 1952 obtivo a cátedra de Lingua e Literatura española no Instituto Nacional de Ensino Medio de Betanzos (1952). Fundou e dirixiu o boletín informativo Albor e traduciu numerosas obras ao español de autores como S. Kierkegaard, A. Schopenhauer, F. W. Nietzsche, Descartes, Platón e Plotino. Entre as traducións destaca Historia del Pensamiento (1958-1968), de Jacques Chevalier, pola que recibiu o Premio Nacional de Tradución Fray Luis de León (1968). É autor de En torno al romanticismo alemán (1949), La tragedia y los trágicos griegos (1973), La comedia y los cómicos griegos (1979) e Colaboración al estudo del habla brigantina e Historia y vicisitud del periodismo brigantino (1980). Recibiu, ademais, o Premio Nacional da Delegación Provincial de Información y Turismo da Coruña (1956) e o de Colegiado Distinguido y de Honor del Colegio de Doctores y Licenciados en Filosofía y Letras y en Ciencias...
VER O DETALLE DO TERMO