Medina, José Ramón
Medina, José Ramón
Poeta e ensaísta venezolano. Doutor en Ciencias Políticas e Sociais, preside a Biblioteca Ayacucho, un ambicioso proxecto editorial en que se recolle unha selección de textos desde a época precolombina ata a actualidade. Interesado pola produción literaria do seu país, publicou os estudios La nueva poesía venezolana (1959) e Vida y letra en el tiempo (1988). Ademais, é autor de numerosos libros de poemas, como Edad de la esperanza (1947), Los caminos del hombre (1958) e Oficio de la palabra (1989). Foi galardoado co Premio Boscán (1953), co Premio Internacional Simón Bolívar (1957) e co Premio Nacional de Literatura de Venezuela (1961).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : San Francisco de Macaira