"Lac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 769.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxelación moi rápida que se efectúa a unha temperatura inferior a -40°C, que se consegue xeralmente coa utilización de líquidos crioxénicos, o que permite conservar ao máximo a estrutura física dos alimentos, que deben ser mantidos a unha temperatura entre -40°C e -25°C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de vacilar.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Valaquia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Valaquia.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos valacos.
-
Individuo do pobo valaco.
-
Pobo daco-tracio, romanizado nos ss II-III e mesturado posteriormente cos eslavos da conca do Danubio, que se formou definitivamente entre os ss XII e XIII.
-
-
Lingua romance do phylum indoeuropeo que se fala en Valaquia.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura, situado a 30 km ao NL de Badajoz, na vertente dereita do Guadiana (2.584 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Autor de As Argonáuticas, refundición da obra de Apolonio de Rodas, aínda que baixo un modelo virxiliano e con versificación ovidiana. Está considerado o maior epígono do Virxilio épico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Titulado pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1927), realizou, entre outras obras, o Colegio Mayor América e a colonia obreira El Rayu en Oviedo, ademais de diversas centrais eléctricas en Asturias. En Santiago de Compostela realizou o Mercado (1937-1941) e a Escola de Traballo. Cultivou tamén a pintura (paisaxe e arquitecturas) e a escultura. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Ouro da Arquitectura (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e ilustrador. Cultivou principalmente a paisaxe, sobre todo a urbana, de carácter realista. Como ilustrador, destaca o seu traballo no libro Vigo sentimental, de F. Fernández del Riego, onde reflectiu recunchos e edificios da cidade e retratos de persoeiros de todos os tempos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de velar ou de cubrir cun veo.
-
-
Cerimonia monástica do ritual da consagración de virxes en que se lle impón o veo á relixiosa como símbolo dos esponsais con Cristo.
-
Cerimonia que consiste en cubrir cun veo os cónxuxes na misa nupcial. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
-
-
-
Renovación do aire que se efectúa nun ambiente determinado para mantelo puro ou dentro duns límites de nocividade aceptables. A ventilación pode ser natural, mediante aberturas, fiestras ou portas, ou artificial, por medio de dous condutos, un para o fornecemento do aire limpo e outro para a evacuación do aire viciado.
-
Instalación ou abertura para ventilar algo.
-
Corrente de aire que se establece ao ventilar unha cámara.
-
-
PERSOEIRO
Mestre e gramático latino. Introduciu o principio de competición entre os alumnos e considerou os libros antigos como xoias. A súa obra perdeuse, aínda que se sabe que é autor duns Fastos prenestinos e dun dicionario, De verborum significatu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Faixa de feble luminosidade que envolve a esfera celeste e que está constituída por un número moi grande de estrelas que non son visibles individualmente a simple vista. En conxunto, é visible a simple vista nunha noite clara e afastada do resplandor das cidades. Propiamente, é o perfil da Galaxia, é dicir, a zona da Galaxia á que pertence o sistema solar, de máis elevada densidade de estrelas. É unha galaxia espiral, co núcleo situado na dirección da constelación de Saxitario. A Vía Láctea ten unha masa aproximada de 2·1014masas solares, contén aproximadamente 100 billóns de estrelas e ten un diámetro aproximado de 80.000 anos luz e un grosor máximo aproximado de 20.000 anos luz. O Sol está situado sobre o plano ecuatorial da Galaxia e a unha distancia de 27.000 anos luz do centro galáctico. Ao redor deste atópase o halo galáctico. A Galaxia conta con cinco brazos espirais. No terceiro, o de Orión, está o Sol, e xira ao redor dun eixe que pasa polo...
-
PERSOEIRO
Xeógrafo francés. Especialista en xeografía humana, preocupouse pola acción do home e polas diferentes modalidades de adaptación no medio físico. Foi un dos promotores dos estudos de xeografía rexional en Francia. Creou e dirixiu a revista Annales de Géographie e dirixiu a colección Geographie Universelle. Das súas obras destacan Étais et nations d’Europe (1881) e Principes de géographie humaine (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Valadouro baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monfero baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra do Brollón baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de sinople, doce estrelas de ouro de oito raios, colocadas en orla.
VER O DETALLE DO TERMO -