"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • PERSOEIRO

    Comerciante. Foi vicepresidente da Real Junta de Comercio da Coruña e censor rexio na Coruña. Escribiu Discurso que en la apertura de los exámenes públicos de los alumnos de las Escuelas que costea la Real Junta de Comercio de La Coruña pronunció D... (1835).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias Gram-negativas, da familia das micoplasmatáceas, que carecen de parede celular e presentan un óptimo de crecemento a 37°C de temperatura e pH=7,0. Son quimioorganotróficas, aerobias facultativas e patóxenos dun gran número de animais e plantas. A especie M. pneumoniae é o axente causante da pneumonía atípica primaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión do plancto, segundo a magnitude dos seus compoñentes, que comprende os organismos que miden entre 5 e 50 microns de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade multirracial estadounidense fundada en 1909 por W. E. B. du Blois para favorecer e facer respectar os dereitos das persoas negras en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución financeira británica constituída en 1968 pola fusión do National Provincial Bank (1883) e o Westminster Bank (1843), ambos os dous bancos resultado doutros procesos de concentración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do nomós de Argólida, situada en Peloponeso, Grecia (10.611 h [1981]). Situada no golfo homónimo, é un porto importante. Aliouse con Esparta durante as Guerras Mesenias e caeu en decadencia a partir do s II. Os croatas de Godofredo de Villehardouin apoderáronse dela coa axuda da frota veneciana en 1211. Os venecianos pasaron despois a ser os seus señores e fortificárona. Posesión turca (1540), reconquistárona os venecianos en 1686, e volveu a poder dos turcos en 1715. Liberada polos patriotas gregos en 1822, foi a primeira capital de Grecia independente (1822-1823) e aloxou o parlamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira forma larval da maioría dos crustáceos con desenvolvemento indirecto, constituída por un corpo non segmentado que presenta tres pares de apéndices, correspondentes aos dous pares de antenas e ás mandíbulas, e un ollo dorsal moi simple.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución neerlandesa, creada en 1970, que se dedica ao estudo da demografía. É innovadora na aplicación dos modelos de estudo da nupcialidade, na formación de novos fogares, na prospectiva e nas migracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Desenvolveu a súa obra en ruso, e nela reflectiu as súas diferenzas co réxime soviético, polas que se exiliou en París (1974). A súa obra V Okopakh Stalingrada (Nas trincheiras de Stalingrado, Premio Stalin 1946), está considerada como unha das novelas bélicas máis importantes da época. Tamén publicou Kira Georgievna (1961) e Po obe storomy okeana (Os dous lados do océano, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Crecemento dun tecido novo e anormal, en que a multiplicación das células non está controlada totalmente polos mecanismos reguladores do organismo, e que é especialmente de carácter tumoral, benigno ou maligno.

    2. tumor benigno.

    3. tumor maligno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á neoplasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Restauración dun tecido por autoplastia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á neoplastia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neoplatonismo.

    2. Seguidor do neoplatonismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica que se desenvolveu entre os ss II e IV. Na súa historia distínguense tres épocas: a romana, representada por Plotino e Porfirio; a siria, por Xuliano o Apóstata, e a ateniense, por Proclo e Damascio. Plotino, considerado o fundador da escola, estruturou un pensamento que era asemade unha prolongación do platonismo e unha creación autenticamente súa. Representou o punto máis alto da elaboración do pensamento filosófico-relixioso do momento, segundo o que todo provén de Deus e todo torna a El gradualmente. O afastamento do Un e da simplicidade absoluta supón unha degradación cara ás sombras. Este proceso componse de tres graos: o Intelecto, a Alma universal e o mundo corpóreo que se caracteriza polas tebras e o mal absoluto. A materia é o último grao do descenso, pero representa a un tempo o inicio do retorno, posto que a alma constitúe o ser verdadeiro de todo o que vive, tendo por natureza a unidade superior da que provén. No caso de que, ferida de orgullo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico bizantino. Tivo a oposición dos estudosos, aos que perseguiu ata que Nicéforo I e León V reemprenderon a política iconoclasta, que el non compartía. Depuxérono e relegárono a un mosteiro. Escribiu obras teolóxicas e históricas. A súa festividade celébrase o 13 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión latina que significa ‘non máis alá’, que segundo a tradición figuraba inscrita nas lendarias columnas de Heracles.

    2. Grao máximo de perfección.

    VER O DETALLE DO TERMO