"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • PERSOEIRO

    Médico e bacteriólogo estadounidense. Estudou na Harvard University e investigou o tifo, a hepatite e a febre Q causada pola rickettsial Coxiella burneti. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1954), xunto con J. F. Enders e T. H. Weller, polo descubrimento de novas técnicas de cultivos de virus que facilitaron a obtención de vacinas, especialmente contra a poliomielite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal británico. Xefe do exército de India desde 1886, comandou as tropas británicas na Guerra dos Bóers.Volveu á metrópole, onde sucedeu a Wolseley como xeneralísimo do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Iniciouse con novelas psicolóxicas, como Aloma (1938, Premi Crexells 1937), que logo rexeitou. Exiliouse tras a Guerra Civil Española e publicou Vin-i-dos contes (1958, Premi Víctor Català 1957). En 1962 publicou a novela La plaça del Diamant, de carácter psicolóxico, histórico e simbólico, á que seguiu El carrer de les Camèlies (1966, Premi Sant Jordi). En La meva Cristina i altres contes (1967) evolucionou cara a unha narración fantástica, que acentuou en Quanta, quanta guerra... (1980, Premi Crítica Serra d’Or). Publicou tamén Viatges i flors (1980, Premi Crítica Serra d’Or e Ciutat de Barcelona) e La mort i la primavera (1986, Premi Crítica Serra d’Or). En 1980 recibiu o Premi d’Honor de les Letres Catalanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Lugo 1887 - Santiago de Compostela 1939) Pintor. Coñecido como Xesús Corredoira, formouse na Real Academia de San Fernando de Madrid e nos talleres de Cecilio Plá (ata 1906) e de J. Sorolla (1906-1909). Aínda que partiu do costumismo (Muller galega, 1905), manifestouse como un pintor achegado á estética do simbolismo. En 1910 regresou a Lugo e acrecentou esa visión, aínda que marcada por un certo misticismo relixioso-idealista (A Sagrada Familia, 1911). Os seus cadros, de gran formato, mesturaron influencias do prerrafaelismo e do simbolismo. Representou as figuras cun canon alongado, remarcado polas mans, os rostros pálidos e angulosos e as roupaxes escuras, moi achegados á estética do Greco (Orantes, Seminarista). Os volumes planos sobre fondos negros, a austeridade cromática, os escenarios sombríos e, ás veces, anacrónicos, redundan nun mundo cargado de solemnidade litúrxica (Santeiro). Desta época destaca o retrato...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, fillo de Mor Perez de Pereira e Johan Perez Redondo, ricohome de D. Sancho II, e neto de Pero Soarez o Escaldado, da familia dos Velho. A súa familia aparece frecuentemente no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro. Casou con Mor Fernandez de Curutelo e instalouse en Santarem (1290), cidade da que foi benefactor, e tivo como fillo ao trobador Fernan Rodriguez Redondo. Localizado en abundante documentación, en 1232 é testemuño dunha venda de seu pai ao mosteiro de S. Vicente de Lisboa; e en 1286 aparece como un dos trobadores que acompañaron a D. Sancho II no seu exilio; posteriormente converteuse en home de confianza de D. Denis. Ben el mesmo, ben o seu fillo, aparecen mencionados tamén en documentos da corte de Afonso X o Sabio. Atribúenselle cinco cantigas de amor no Cancioneiro da Ajuda. Tamén resulta problemática a atribución do sirventés “Suer Fernándiz, si veja plazer”, pois dubídase na súa autoría entre pai e fillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou como mariño mercante, feito que lle permitiu coñecer novas culturas e formas de expresión mentres continuaba o seu labor artístico e creativo. Investigou novas fórmulas para a pintura ao fresco e o mosaico e realizou murais con ambas as dúas técnicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor estonio. Escribiu Mythus des 20. Jahrhunderts (1930), que o converteu no teórico do racismo nazi. Foi xefe dos servizos de Asuntos Exteriores do Partido Nazi desde 1933 e, como ministro dos Territorios Ocupados do Leste, ordenou a deportación e execución de miles de persoas. Foi condenado a morte polo Tribunal de Nuremberg, e aforcado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Especializado en filmes de montaxe, traballou sobre a ocupación de Varsovia, como en Le temps du ghetto (1961); a Guerra Civil Española, como Mourir à Madrid (1962); a Revolución Rusa, en La Revolution d’Octobre (1967); e o mundo dos animais en La fête sauvage (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e industrial inglés. Traballou en maquinaria diversa e en industrias mecánicas e inventou aparatos e modelos de avión e de automóbiles. Fundou diversas sociedades en Manchester, das que destaca a Royce Limited. Asociouse con C. S. Rolls e xuntos crearon a Rolls-Royce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Da súa obra destacan as adaptacións biográficas Music Lovers (1969), The Devils (1970) e Savage Messiah (1972), ademais de Women in love (1969), Mahler (1973), Tommy (1974), Lisztomania (1975), Valentino (1977), Altered States (1980), Crimes of Passion (1984), Gothie (1987), Whore (1990), Prisoners of Honour (1991) e Lion’s Mouth (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Cultivou a pintura de interiores, nun estilo marcadamente arquitectónico. Destaca Interior da igrexa de Assendelft (1649).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Colaborou con Luis Buñel durante a Segunda República (1931-1939) e converteuse no cineasta oficial do réxime franquista con filmes como Raza (1941), El escándalo (1943) e Los ojos dejan huellas (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Aldurfe (Riotorto). O seu cumio acada os 541 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Bola baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo e escritor. Colaborou en diversas publicacións, como Anthropos, Insula, Cuadernos Hispanoamericanos e Revista de Occidente. Dos seus traballos destacan unha Selección de artículos (1982), de Larra, Palabras tachadas (1988), El silencio y la música (Premio Anxel Fole 1989) e a guía de lectura La verdad sobre el caso Savolta de Eduardo Mendoza (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico británico. Estudou a estrutura e obtivo a síntese de varias proteínas de interese biolóxico, e que deu lugar á determinación da estrutura da insulina, feito polo que obtivo o Premio Nobel de Química en 1958. En 1980, xunto con W. Gilbert e con P. Berg, volveu a obter o Premio Nobel de Química polas súas contribucións á determinación de secuencias de bases en ácidos nucleicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Bola baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño. Creou os Pósitos de Pescadores, para protexer os dereitos deste colectivo. Colaborou en Boletín de Pesca e publicou La casa del marino ibero-americano (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Estudou o cálculo de variacións, as condicións de integrabilidade das funcións diferenciais e os determinantes. É autor dunha regra para o cálculo do determinante das matrices de orde 2 e 3. Analizou tamén o movemento lineal e as órbitas dos cometas.

    VER O DETALLE DO TERMO