"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Militar francés, duque de Rívoli e príncipe de Essling. Nomeado xeneral en 1793, a súa participación decidiu as batallas de Lodi e Rivoli. Derrotou os rusos en Zúric (1799) e defendeu Xénova (1800). Foi enviado a Portugal, loitou contra o duque de Wellington e como mariscal desde 1804, librou a indecisa Batalla de Fuentes de Oñoro (1811).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. As súas óperas tiveron un notable éxito debido á afinidade do drama coa mentalidade da audiencia e as circunstancias da época. Compuxo as óperas Marie Magdeleine à l’Odéon (1873), Le roi de Lahore (1877), Werther (1892), Cendrillon (1897) e Don Quichotte (1910). Gañou o Prix de Rome (1863) coa composición da cantata David Rizzio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles herbívoros fósiles cinodontos, da orde dos terápsidos, de aspecto similar aos mamíferos, de 48 cm de lonxitude, cola longa e probablemente con pelo. Viviron en América do Sur a mediados do Triásico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Función termodinámica definida a partir da función traballo de Helmholtz e da temperatura termodinámica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino de Massalia.
-
PERSOEIRO
Bailarín. De nome Leonid F’odorovič Miassin, ingresou no Ballet Ruso de Diaghilev en 1913, onde creou diversas coreografías. Foi máximo responsable escénico do Ballet de Montecarlo (1932-1937) e en 1949 creou a súa propia compañía en EE UU, a Highlights Ballet.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor teatral inglés. Utilizou con mestría a sátira e o realismo social, o que o converteu no último gran dramaturgo da época isabelina. Compuxo as comedias The City Madam (1632), A new Way to Pay Old Debts (1633) e as traxedias The duke of Milan (1618), The roman actor (1626) e The emperor of the East (1631).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia burguesa de orixe catalá que se estableceu en Bueu a comezos do s XIX. O pioneiro foi Salvador Massó Palau, que chegou en 1816 e estableceu unha fábrica de salgadura en Bueu. Realizaron as primeiras innovacións técnicas para transformar as industrias de salgadura nas modernas industrias conserveiras, a través da sociedade Salvador Massó e Hijos, que asinou un convenio coa compañía francesa Dargenton e constituíu a empresa La Perfección. Na década de 1940 comezou a funcionar a factoría de Cangas, que se converteu nunha das máis importantes de Europa.
-
GALICIA
Fotógrafo e escritor. Especializouse en temas relacionados coa historia colombina e coa arqueoloxía galega. Colaborador de diversas publicacións, como Vida Gallega, La Noche e Vieiros, escribiu Retrouso a Colón (1960) e Romance ao lobo gris. Recibiu o primeiro premio no Concurso Popular de Fotografía da Agrupación Fotográfica Gallega (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Industrial conserveiro, publicista e escritor. Colaborou na edición de Cien obras de la colección Massó, na fundación do Museo Provincial de Pontevedra e no establecemento da Misión Biolóxica e participou na elaboración do Dicionario da Real Academia Española con numerosas achegas técnicas. Publicou Cantares populares gallegos, Itinerarios turístico gastronómicos de la provincia de Pontevedra (1964), Nuestro futuro alimenticio: pesca y conservas (1964), Comentarios gastronómicos, apéndices sobre Economía Conservera (1967), Origen y desarrollo de la industria conservera en Galicia (1967) e Pedro Madruga de Soutomayor, caudillo feudal (1975). Foi presidente da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO) entre 1935 e 1937 e membro correspondente da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor e escritor. Con 18 anos fundou L’Avenç, editorial que axudou a orientar a modernización cultural e política do catalanismo. Foi membro fundacional do Institut d’Estudis Catalans e organizou o Primer Congrés Internacional de la Llengua Catalana (1906). Publicou narracións, como Croquis Pirinencs (1896), poesías, a novela Desil-lusió (1904) e o drama lírico La fada (1897). Doutor honoris causa pola Universitat Autònoma de Barcelona (1934), publicou tamén as memorias Cinquanta anys de vida literària (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo fotográfico formado por imaxes de José María Massó (1899-1981), E. Barreiro, X. Pacheco, Sánchez Ocaña e os irmáns Sarabia. Composto de numerosas imaxes de África, destacan tamén as fotografías de acontecementos familiares, retratos de amigos e parentes, e de diversas actividades lúdicas, ademais das súas visitas a países europeos. A elas hai que sumar outras moitas de carácter máis etnográfico e económico relacionadas co mundo do mar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo Massó.
-
PERSOEIRO
Pintor, gravador e debuxante francés. Cultivou o cubismo (1922) e introduciuse no surrealismo (1923-1929) con obras como Les quatre éléments (1923-1924). Pintou series sobre os mesmos temas, como Massacres (1931-1933) e en España (1934-1936) realizou Insectes e ilustrou Tauromachie de M. Leiris. Refuxiado en EE UU en 1941, exerceu unha grande influencia sobre a action painting. Influído pola abstracción e despois polo informalismo, pintou Cérémonies e como gravador ilustrou El cerco de Numancia de Cervantes (1937) e Woyzeck de G. Büchner (1963). Debuxou os decorados e o vestiario de Morts sans sépulture de J. P. Sartre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Creou unha poesía lírica vinculada coa de Rimbaud nas obras La lumière naît le mercredi (1945) e Les vignes de septembre (1955). Tamén cultivou o drama, La résurrection des corps (1952) e a novela, Le notaire des noirs (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Influído por Leonardo da Vinci, a súa obra incorporou o sfumato lombardo e as maneiras do Renacemento transalpino na execución das formas arquitectónicas. Así e todo, nas súas obras destaca a continuidade do realismo característico de Países Baixos como en Changeur et sa femme (1514) e o tema da picaresca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, debuxante, gravador e escultor francés. Discípulo de Gustave Moreau, inicialmente traballou seguindo un estilo académico, pero pronto cultivou o impresionismo influído por Cézanne. Orientouse despois cara ao neoimpresionismo (Luxe, calme et volupté, 1904) e cultivou o fauvismo (1905-1908), converténdose no seu principal representante (Portrait à la raie verte, 1905). Simplificou o seu estilo, con grandes pinceladas de cor intensa separadas por trazos negros e liñas arabescas, destacando a súa obra Le bonheur de vivre (1906), pero continuou sempre baixo unha heterodoxia, fiel ao fauvismo. Dúas viaxes a Marrocos (1911-1913) e a atracción polo cubismo levárono cara a novas buscas simplificadoras (Le peintre et son modele, 1916). En 1917 iniciou unha etapa naturalista, de cores claras e luminosas e pintou interiores e a serie das odaliscas, das que destaca L’Odalisque au coffret rouge (1926). Desde 1928 retomou a simplificación, con novos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo estado do centro-oeste de Brasil (1.264.966 km2; 4.582.354 h [2000]). A metade N é tributaria da conca do Amazonas e a S do Paraguay. A maior parte do territorio está cuberto de selva. Destacan os cultivos de mate, café e arroz, e os xacementos de manganeso. Desde 1979 o estado quedou dividido en Mato Grosso e Mato Grosso do Sul.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Brasil (906.807 km2; 2.504.353 h [2000]). A súa capital é Cuiabá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Brasil (358.159 km2; 2.078.001 h [2000]). A súa capital é Campo Grande.