Massó i Torrents, Jaume

Massó i Torrents, Jaume

Editor e escritor. Con 18 anos fundou L’Avenç, editorial que axudou a orientar a modernización cultural e política do catalanismo. Foi membro fundacional do Institut d’Estudis Catalans e organizou o Primer Congrés Internacional de la Llengua Catalana (1906). Publicou narracións, como Croquis Pirinencs (1896), poesías, a novela Desil-lusió (1904) e o drama lírico La fada (1897). Doutor honoris causa pola Universitat Autònoma de Barcelona (1934), publicou tamén as memorias Cinquanta anys de vida literària (1934).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Deceso