"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

    1. Relativo ou pertencente ao sarcoma.

    2. Que ten os caracteres do sarcoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos segmentos en que se supón divididas as fibras musculares polas liñas de Krause.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protoplasma das células musculares. Contén glicóxeno, enzimas glicolíticos, ATP, fosfocreatina e electrólitos inorgánicos, como tamén diferentes aminoácidos e péptidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sarcopterixios.

    2. Peixe da subclase dos sarcopterixios.

    3. Subclase de peixes osteíctios que se caracterizan por posuír aletas carnosas. Inclúe a orde dos crosopterixios ou celacantiformes (coas aletas lobuladas) e os dipnoos (peixes pulmonados). Teñen esqueleto interno osificado, opérculo, escamas cosmoides e os dentes son substituídos continuamente. Apareceron durante o Devónico e diversificáronse durante o Paleozoico. Existen 3 xéneros de dipnoos (Neoceratodus -Australia-, Protopterus -África- e Lepidosiren -América do Sur-) e un de crosopterixios (Latimeria).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arácnidos, da familia dos sarcóptidos, ao que pertence o ácaro da sarna

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácaro da sarna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos catártidos, da orde dos falconiformes. A especie máis coñecida é o S. papa, de 80 cm, cor abrancazada, excepto o rabo e as remeiras primarias e secundarias, que son negras, e a base do pescozo, que é de cor gris escura. Habita en selvas, bosques e terreos abertos desde México ata o N de Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación dos tecidos carnosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido derivado da glicina que está presente nalgúns péptidos e que resulta da descomposición da creatina e da cafeína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mitocondria do sarcoplasma dunha fibra muscular que se pode observar co microscopio electrónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten sementes carnosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das pecizáceas, que se caracteriza por presentar un carpóforo en forma de copa, de cor branca ou gris, co interior de cor violeta forte. Algúns pódense atopar de marzo a xuño en solos calcarios tales como os piñeirais dunares. Algúns exemplares son tóxicos en cru, e aínda cocido poden resultar perigosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sarcosporídeos.

    2. Protozoo da antiga orde dos sarcosporídeos.

    3. Antiga orde de protozoos esporozoos que incluía formas parasitas dos músculos e tecidos conxuntos de certos vertebrados (mamíferos, paxaros e réptiles) e invertebrados acuáticos (anélidos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte externa, carnosa, dalgunhas sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes óseos, da familia dos escómbridos, ao que pertence o bonito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor húngaro. Nas súas obras reflectiu as contradicións internas da sociedade húngara, como en Oszlopos Simeon (Simeón estilita, 1960). Outras obras foron   A gváva (A covarde, 1961) e Elvevszett paradicsom (O paraíso perdido, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza e música popular catalá que se compón de dúas partes: unha curta e outra longa. Os bailadores, collidos das mans e formando círculo, de cara ao centro e movéndose de lado, marcan os compases da música cos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre a de Bieiteiro e a desembocadura do río San Vicente, na parroquia de Meirás (Valdoviño).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Mediterráneo, que forma parte de Italia (24.090 km2; 1.599.511 h [2001]). A súa capital é Cagliari. Situada ao S de Córsega, e separada dela polo estreito de Bonifacio, está a igual distancia de Xénova, Menorca e Marsella. É unha rexión con estatuto especial dentro de Italia e está dividida en catro provincias. Constitúe un fragmento de zócolo herciniano cortado por numerosas fallas. O macizo máis importante é o Gennargentu, que ocupa a maior parte do sector oriental e ten a maior altura da illa (Punta La Marmora, 1.834 m). Ten cultivos de cereais, hortalizas, viña, oliveiras e froiteiras, gandaría ovina e industria de elaboración de queixos. Especialmente coñecida polo desenvolvemento da civilización nuráxica desde o II milenio a C, foi   ocupada polos cartaxineses, conquistada por Roma (238 a C) e invadida polos vándalos (455) e bizantinos (534). Territorio da Coroa de Aragón ata 1714, pasou á casa de Savoia en 1720 e formou, xunto a Piemonte e Niza, o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Asia Menor. Capital do Reino de Lidia, foi destruída polos cimerios no s VII a C, reconstruída polos gregos e foi sede da satrapía persa de Lidia. Conquistada por Alexandre o Grande, pasou a Lisímaco e, en 287 a C, aos seleúcidas. Formou parte do Reino de Pérgamo (189 a C) e do Imperio Romano (133 a C). Destacan os restos do templo de Artemisa, da época helenística.

    VER O DETALLE DO TERMO