"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Radical bivalente de fórmula C= que está presente, por exemplo, nas carbilaminas ou isocianuros (R-N=C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome rexistrado do éter monoetílico do etilenglicol, líquido, miscible en auga e mais en disolventes orgánicos e, por extensión, aplicado aos outros éteres monoalquílicos ou dialquílicos do dietilenglicol, e aos seus derivados. Utilízanse como solventes industriais e como plastificantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘carbón’ e ‘carbono’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos catións nos que se pode considerar que a carga positiva está situada sobre os átomos de carbono. Cómpre distinguir entre os ións carbenio, especies de carbono trivalente, e os ións carbonio, especies de carbono pentavalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos compostos orgánicos cíclicos, con anel ou aneis formados unicamente por átomos de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido dicarboxílico. Reduce a viscosidade e provoca a disolución das secrecións do tracto respiratorio. En medicina utilízase como mucolítico e expectorante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto hipotético de fórmula HN=C=NH, do que se coñecen derivados estables.

    2. Nome sistemático da cianamida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se fai, garda ou vende carbón.

    2. Morea de madeira tapada con leña verde, herba e terra da que se obtén carbón vexetal por carbonización da madeira. A combustión iníciase por un burato ou cheminea situado no medio da morea e regúlase abrindo buracos laterais que permiten a circulación limitada do aire.

    3. Nome vulgar que recibe a vela do estai maior nos barcos mixtos de vapor e de vela, ennegrecida polo fume da cheminea.

    4. Espacio interior dos barcos próximo á sala de caldeiras que serve para estibar o carbón que se vai consumir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da beira oriental da ría de Betanzos, no litoral da parroquia de Oebre, concello de Pontedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao carbón.

    2. Persoa que fai, vende ou traballa con carbón. Na tradición oral recóllense refráns como: “O saco do carboeiro, lixoso por fóra, e máis lixoso inda por dentro.”

    3. Aplícase á persoa que ten o corpo ou a roupa manchadas.

    4. Barco de vapor ou veleiro destinado ao transporte de carbón.

    5. Paxaro que presenta unha coloración xeral da plumaxe de cor negra como o rabirrubio tizón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Silleda. O cenobio fundouse sobre unha antiga ermida dedicada a san Lourenzo que pertencía ao eremita Egica. O conde don Gonzalo e a súa dona, a condesa dona Tareixa, compraron a ermida e as granxas anexas, segundo consta nunha carta de dotación do 936. O bispo de Lugo consagrou a primitiva igrexa en presenza de san Rosendo e do primeiro abade Fiz. Despois da súa destrución por parte de Almanzor no 997, restaurouno o bispo Pedro de Mezonzo no 999 e, na mesma data, Vermudo II concedeulle un privilexio. Non obstante , o mosteiro continuou recibindo doazóns e privilexios dos monarcas e de moitos particulares ao longo da súa historia. Coa reforma da orde beneditina en 1500 pasou a ser un priorado do mosteiro de San Martiño Pinario. A desamortización do s XIX provocou a venda das súas pertenzas e o seu progresivo abandono ata quedar en ruínas. A construción do mosteiro estivo condicionada polo lugar no que se localiza, un terreo de diferentes alturas á beira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rodeiro. A primeira noticia documental corresponde á acta fundacional do mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón (1154), ao que foi doada en 1156. A primitiva fábrica constaba dunha nave e unha ábsida rectangular cuberta cunha bóveda de canón. Da nave só queda unha colección de canzorros variados: vexetais, aves, figuras humanas e cuadrúpedes. Os muros transformáronse ao abrirse portas e ventás. No interior destaca a ábsida, cuberta cunha bóveda de canón semicircular reforzada por un arco faixón. O arco triunfal, de medio punto e dobrado, descansa sobre columnas con capiteis figurados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico pertencente ao grupo dos carbamatos que actúa como fumigante polivalente sistémico ou por contacto. Ten un amplo espectro insecticida sobre o pulgón, as moscas e os miriápodos. Deixa de ser tóxico para o ser humano despois de 60 días da súa aplicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemoglobina combinada con dióxido de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristais incoloros, moi solubles en auga, utilizados como intermediarios en sínteses orgánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • + -ase ‘enzima’)

    VER O DETALLE DO TERMO