"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Escritor. Interveu na fundación das Irmandades da Fala e estivo vinculado á causa republicana. Publicou Contos (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma plural correspondente ao apelido Canal.

    2. Liñaxe leonesa procedente do lugar homónimo. Estendeuse por Aragón, Catalunya, Mallorca, Burgos e Galicia. A rama galega leva escudo cortinado: primeiro cuartel, en campo de goles, cun castelo de ouro; segundo cuartel, en campo de ouro, cunha banda de prata perfilada de goles e engulida en cabezas de dragóns da mesma cor; na capa, en campo de ouro, unha faixa de sable, acompañada de dúas aguias de goles, unha arriba e outra abaixo. Algúns de Aragón, Catalunya e Illes Balears traen, en campo de sable, unha cruz de Santiago, de ouro, e na punta tres veneras de prata postas en faixa; outros ostentan, en campo de sable, unha cruz plana de ouro pometeada, e na punta tres veneras de prata colocadas en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín. Comezou os seus estudios no Ballet Nacional, do que foi solista, e compartiu escenario con figuras internacionais como Rudolf Nureyev, Julio Bocca ou Fernando Bujones. En 1992 creou a súa propia compañía coa que debutou en Bilbao, presentando as coreografías A tí Carmen Amaya e Siempre flamenco; posteriormente o Ballet Flamenco Antonio Canales estreou os espectáculos Gitano e Torero. Ademais realizou por encargo a coreografía Grito para o Ballet Nacional de España, presentado no City Center de Nova York. No ano 2000 participou como actor no filme Vengo. Actuou en Holanda, EE UU, Francia, Xapón, Canadá e Italia. Recibiu o Premio Mavisella 88, en Italia, e o premio ao mellor bailarín internacional concedido en Ciudad de México en 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Canle para conducir a auga.

    2. Canle de madeira dos muíños, pola que cae o gran desde a moega ata o ollo da moa.

    3. al ou camiño estreito e fondo que se utiliza como paso entre montañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe condritio, de preto de 3,5 m, co corpo alongado e fusiforme, ollos pequenos e redondos, sen membrana nictitante e cunha crista dérmica delgada nos lados do pedúnculo caudal. Ten dúas aletas dorsais, a primeira máis do dobre de grande ca a segunda, e as peitorais moi longas e estreitas en forma de gadaña. Carece de liña dorsal e na base do pedúnculo caudal amosa unhas quillas pouco marcadas. Ten dentes triangulares e serrados ao longo das arestas, nas dúas mandíbulas. Amosa unha cor azulada intensa, máis escura no dorso e algo máis pálida nos costados, e clara na rexión ventral. Localízanse tanto en alta mar como preto das costas, ás veces en grandes cantidades. De hábitos nocturnos, aliméntase principalmente de pequenas presas, como peixes óseos e luras.

    2. tiburón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giovanni Antonio Canal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está provisto de canalículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos canalículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación dos canalículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conduto pequeno.

    2. Cada un dos canais interpostos entre os hepatocitos.

    3. Cada un dos condutos que van do punto lacrimal ao saco lacrimal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser canalizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de canalizar.

    2. Conxunto de canais e instalacións accesorias dun río, dunha conca hidrográfica, dun sistema de saneamento, etc, que serven para conducir a auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construír canais.

    2. Conducir a auga dun río, dun lago, dun torrente, etc, a través de canais ou regos.

    3. Transformar en canal unha corrente de auga para regulala ou facela navegable.

    4. Orientar unha cousa en dirección a un obxectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión longa e estreita de fondo areoso ou lamacento nun fondo rochoso mariño ou fluvial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a unha persoa que, sen ter ningún tipo de escrúpulo, actúa con maldade contra alguén.

    2. Persoa ruín que actúa con maldade.

    3. Xente desprezable e de mala condición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ruín, propia dun canalla, cometida contra alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conduto que recolle as augas dun tellado para dirixilas ata o chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado nun val entre as serras de Enguera e Montes, á beira do río Canyoles e atravesado polo río Santos (12.886 h [1996]). Na agricultura os principais cultivos son os cítricos, as oliveiras, a viña, os ervellos de Ceratonia e as amendoeiras, mentres que na industria destacan a fabricación de curtidos e de derivados agrícolas. Nos últimos anos adquiriu grande importancia o sector da construción e o da fabricación de cartón e de mobles. O clima presenta unha dobre variante, pois é temperado na parte máis baixa do municipio, e pasa a ser un pouco máis extremo nas zonas altas. Os seus edificios máis destacados son o mosteiro de Santa Clara, coa capela neogótica e a ermida do Crist del Calvari, de principios do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, economista e músico. Entre as súa produción literaria destacan o poema El cerco de Zamora por el rey D. Sancho II de Castilla e a peza teatral Castigo del cielo. Como economista publicou Manual de Hacienda Pública (1845) e no eido musical Álbum para guitarra (1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, preto do límite con Castela-A Mancha, situado na serra de Guadalupe, na aba dos outeiros Castillo e Tomelloso, e regado polo río Ruecas (1.992 h [1996]). A súa economía baséase na produción agrícola de froitas, legumes, cereais e viña, e na produción gandeira lanar. O termo está poboado de aciñeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO