Cañamero

Cañamero

Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, preto do límite con Castela-A Mancha, situado na serra de Guadalupe, na aba dos outeiros Castillo e Tomelloso, e regado polo río Ruecas (1.992 h [1996]). A súa economía baséase na produción agrícola de froitas, legumes, cereais e viña, e na produción gandeira lanar. O termo está poboado de aciñeiras.