"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é abundante en auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín de periodicidade trimestral editado en Santiago de Compostela a partir do outono de 1991. Presentouse como voceiro dunha nova iniciativa editorial e coa coordinación de Francisco Pillado Mayor. Nas súas follas e artigos analizáronse cada un dos volumes publicados por Edicións Laiovento e as opinións dos autores, ademais doutras noticias culturais de interese.
-
FILOSOFOS
Filósofo da ciencia. A súa tese doutoral, publicada co título Proofs and Refutations (1963-1964), marcou o inicio dunha metodoloxía de análise da historia da ciencia, que revela un dinamismo interno do acto da creación científica ben diferente da busca lineal da non contradición lóxica. Esta metodoloxía, que profundizou no artigo “History of Science and its Rational Reconstrutions” (1972), asimílaa a outros autores postpopperianos, como T. S. Kuhn, P. K. Feyerabend, S. Toulmin e N. R. Hanson. Os seus escritos foron editados en dous volumes póstumos, Philosophical Papers (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Flariz (Monterrei). O seu cumio acada os 747 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre os concellos do Incio, A Pobra do Brollón, Folgoso do Courel e Samos. O seu cumio acada os 1.171 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está cuberto de lama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: lamacento.
-
GALICIA
(Ferrol 1945) Actor, director e animador teatral. Diplomado pola Escola D Expresió de Barcelona, iniciou a súa traxectoria (1975) no movemento de teatro escolar potenciado desde as Universidades Laborais, para despois integrarse en Teatro Circo, grupo co que participou no espectáculo Os vellos non deben namorarse (1977). Foi un dos fundadores da Escola Dramática Galega e, durante o tempo que presidiu a entidade (1981-1985), potenciou un proceso de descentralización que levou á constitución, despois fallida, dunha sección da Escola en Vigo. Da experiencia naceu a compañía profesional Teatro de Ningures, na que colaborou. No eido do teatro escolar potenciou a creación de grupos como Kalandraka. Desde 1981 promoveu a edición do Boletín de Información Teatral, que se converteu posteriormente na Revista Galega de Teatro. Ten publicado diversas colaboracións sobre o feito teatral e traballos de carácter pedagóxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Corvelle (Vilalba). O seu cumio acada os 560 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. En 1973 participou na mostra de pintura ao aire libre da praza da Princesa en Vigo e ao ano seguinte presentou a súa primeira exposición individual. En 1980 integrouse en Atlántica. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e do concello de Lalín (1976-1978) e do ministerio de Cultura (1980-1981). A súa obra evolucionou dunha figuración expresionista, con personaxes nacidos da tradición galega, a un informalismo que se caracteriza polos grandes espacios negros e pola estrutura xeométrica no que se interesou pola superficie e a textura pictórica e nas que desapareceu toda referencia á figuración para acadar o protagonismo a materia. Desde os seus inicios utilizou como soporte distintos materiais como o cartón, as táboas, as caixas de madeira ou materiais de refugallo. Destacan, entre outras, as series Letanías (1988-1991), Gracias vagabundas (1992-1993), Eidos de Rosalía (1996-1997) e Milonga (2001). Participou en diversas convocatorias de ARCO...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome xermánico Landoberth ou Landeber(h)t, composto de land ‘país’, ‘territorio’ e berth ‘claro, ilustre’, latinizado en Lampertus. San Lamberto de Liexa (635?-705) celébrase o 14 abril.
-
PERSOEIRO
Bispo de Maastricht. Foi apóstolo dos habitantes das illas de Nova Zelanda. Na iconografía represéntase como bispo, con mitra e báculo, e leva como atributo un oso erguido. A súa festividade celébrase o 14 abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador do Sacro Imperio (894-898), rei de Italia (896-898) e duque de Spoleto (Lamberto II; 894-898), fillo e sucesor de Guido I. En 892 o seu pai asociouno ao solio imperial. Xunto con Berenguel I de Italia loitou contra Arnulfo I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Deputado whig radical (1813-1832), despois da rebelión de Canadá (1837-1838) foi designado alto comisionado e gobernador xeneral. Defendeu a unión do Alto Canadá e o Baixo Canadá, así como a formación de gobernos responsables e representativos nas colonias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta. Especialista en salto de lonxitude, conseguiu a mellor marca europea en pista cuberta (1999) e foi dúas veces campión de España (1999 e 2003). Subcampión mundial ao aire libre e en pista cuberta en 1999, obtivo a medalla de bronce no campionato de Europa de 2002 e no campionato do mundo ao aire libre de 2003, e a medalla de prata do campionato do mundo en pista cuberta dese mesmo ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Lamela (O Pereiro de Aguiar). Está composta por varios corpos de planta rectangular, cunha torre, de maior altura e cuberta a catro augas e na que destaca unha fiestra gótica.
-
GALICIA
Médico. Foi xefe do servizo de cardioloxía, endocrinoloxía e nutrición da Casa Salud Valdecilla e director da Escuela de Enfermería de Valdecilla (Santander) durante 25 anos. Foi un dos fundadores da Sociedad Española de Cardiología. Publicou Trastornos vasculares periféricos (1950) e Cardiopatías congénitas (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de lamentar ou lamentarse.
-
Queixa ou expresión coa que un se lamenta.
-
Canción popular medieval, derivada das cancións de xesta, que narra algún acontecemento tráxico ou a desgraza dun personaxe real ou imaxinario. Un exemplo represéntao o poema en inglés antigo Complaint of Deor (s IX). Foi un xénero que rexurdiu no romanticismo.
-
Canción monódica con diversas estrofas sobre a mesma melodía. Derivada do planctus latino e do planh provenzal, foi cultivada sobre todo en Francia co nome de complainte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está cheo de lama.
-
-
Que expresa queixa ou lamento.
-
Que é causa de lamentación.
-