Lakatos, Imre

Lakatos, Imre

Filósofo da ciencia. A súa tese doutoral, publicada co título Proofs and Refutations (1963-1964), marcou o inicio dunha metodoloxía de análise da historia da ciencia, que revela un dinamismo interno do acto da creación científica ben diferente da busca lineal da non contradición lóxica. Esta metodoloxía, que profundizou no artigo “History of Science and its Rational Reconstrutions” (1972), asimílaa a outros autores postpopperianos, como T. S. Kuhn, P. K. Feyerabend, S. Toulmin e N. R. Hanson. Os seus escritos foron editados en dous volumes póstumos, Philosophical Papers (1978).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hungría

  • Deceso

    Lugar : Londres