"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Extirpación total ou parcial da larinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste na captación, por un micrófono, dunha parte da enerxía sonora emitida por un ou máis altofalantes conectados ao mesmo amplificador. Produce un silbido moi agudo que perturba a emisión sonora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Despois de residir como encomendeiro e como misioneiro nas illas de Santo Domingo e de Cuba, en 1514 abandonou o usufruto dos indios e, en 1515, constituíuse no seu defensor. Ingresou na orde dominicana en 1522, e entre 1535 e 1540 promoveu proxectos de colonización pacífica. Entre 1540 e 1544 residiu na Península Ibérica, onde impulsou as Leyes Nuevas de 1542, que tentaban suprimir a encomenda, pero fracasaron despois da sublevación de colonos en Perú. Foi nomeado bispo de Chiapas e combateu o incumprimento das Leyes Nuevas. En 1546 pasou a México, onde difundiu Avisos y reglas para los confesores, que produciu un grande escándalo. Entre 1547 e 1551, regresou á Corte e continuou a loita pola reforma do goberno das Indias e promoveu as discusións con Juan Ginés de Sepúlveda. Impulsou o respecto polas culturas autóctonas e negoulle ao emperador o dereito de destruílas. Escribiu Historia de las Indias (publicada en 1875) e Brevísima historia de la destrución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Discípulo de Asorey na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, traballou a pedra e a madeira, aínda que experimentou con outros materiais, como o acibeche. Realizou a escultura da virxe do Seminario Maior de Santiago de Compostela e o retrato do cardeal Quiroga do Seminario Menor de Belvís, na mesma cidade. Foi académico numerario da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao froito ou ao ovario de septo ancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa máis espazo do que lle corresponde.

    2. Aplícase ao sentido máis amplo das palabras, fóra do sentido estricto ou literal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que ten como significado ‘en sentido amplo’, en oposición a ‘sentido estricto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bater os metais para reducilos a follas ou láminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten como oficio o traballo co latón ou a venda de obxectos deste material.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao longo que se utiliza para abanear as árbores froiteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de cobre e cinc (do 5% ao 45% de cinc) e, eventualmente, pequenas cantidades doutros metais (Pb, Sn, Al, Mn, Si, entre outros). Cun contido de cinc inferior ao 36% o latón forma unha solución sólida de substitución (estrutura monofásica) dunha gran dutilidade, empregada principalmente en operacións de deformación, tanto en frío como en quente. Ao aumentar o contido de cinc, a aliaxe perde ductilidade en frío, pero gaña mecanizabilidade. A resistencia á corrosión é moi elevada no latón con menos dun 15% de cinc. O latón ten numerosas aplicacións en bisutería e ornamentación, fabricación de cartuchos e instrumentos de música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén loanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor estadounidense. De orixe inglesa, utilizou a súa grande humanidade para matizar personaxes despóticos e repulsivos (Moutiny on the Bounty, 1935; The Hunchback of Notre-Dame, 1939), humorísticos (Ruggles of the Red Gap, 1934; Hobson’s Choice, 1954; Witness for the prosecution, 1957), ou as dúas cousas á vez (The Private Live of Henry VIII, 1933). En 1955 dirixiu The Night of the Hunter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeroporto situado no concello de Santiago de Compostela. Está declarado desde 1995 de actuación conxunta civil-militar. A titularidade dos seus terreos repártese entre Aena e o ministerio de Defensa. A terminal de pasaxeiros rematouse de construír en 1969 e ampliouse en 1976, 1982 e 1993. Emprégase para tráfico regular e chárter, tanto nacional como internacional, e para aviación xeral. En 2001 acadou a certificación ISO 9001/2000. En 2003 rexistrou un total de 1.381.826 pasaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo, xornalista e pintor. Promotor e cofundador da Asociación Fotográfica Compostelana, abriu o seu propio estudo en Santiago de Compostela en 1959. No eido xornalístico, ademais de colaborar con diversos medios, foi redactor gráfico de Blanco y Negro, Arriba e Nuevo Diario. Ademais, exerceu como redactor e editor gráfico da axencia EFE. Realizou as series fotográficas “A feira de Santiago”, “Santiago monumental” e “Las ciudades más bellas de España”, e publicou La Carrilana: manual para andar de pie por el mundo (1990). Recibiu o Premio Galicia de Comucación en 1998.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de lavar ou lavarse.

    2. Lugar destinado a lavar as mans ou a cara.

    3. Acto da liturxia en que o cura lava as mans durante a misa.

    4. Rito peculiar do Xoves Santo que consiste en lavar os pés a doce persoas, tradicionalmente doce pobres, para commemorar a acción de Xesús Cristo que lavou os pés aos doce apóstolos.

    5. Escena que representa a Xesús Cristo lavando os pés aos apóstolos. Na iconografía occidental Xesús Cristo aparece representado de xeonllos lavando os pés de Pedro, mentres que na bizantina permanece de pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Desenvolveu a teoría correcta da combustión, desterrou a vella idea do floxisto e fixo nacer a química moderna baixo o principio da conservación da materia. Perfeccionou os experimentos de Cavendish e de Priestley, obtendo o “aire inflamable” e o “aire vital”, que denominou hidróxeno e osíxeno, respectivamente. Sinalou que son os dous compoñentes da auga, que descompuxo e despois sintetizou no laboratorio en colaboración con Meusnier en 1785. Tamén demostrou que o aire atmosférico non é un corpo simple, senón unha mestura de osíxeno e nitróxeno, e interpretou correctamente a natureza composta dos ácidos sulfúrico, fosfórico e outros. Finalmente, aplicou os seus coñecementos químicos na fisioloxía, feito que permitiu esclarecer o mecanismo da respiración e da combustión interna dos seres vivos. Entre as súas obras destacan a obra colectiva Méthode de nomenclature chimique (1787), onde contribuíu decididamente a poñer as bases da nomenclatura química actual,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto pesqueiro situado na ría de Corme e Laxe. É un dos portos de baixura máis relevantes do litoral da provincia da Coruña, a pesar de que sufriu unha forte recesión. Mantén unha significativa actividade comercial, de feito é o máis especializado nesta actividade da comarca de Bergantiños e as diversas melloras, como os novos peiraos e unha nova lonxa, potenciaron a actividade portuaria da vila de Laxe. Dentro dos servicios que ofrece o porto destaca o calado de 3 m, auga, enerxía, combustible, rampla, talleres, efectos navais e alumeado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao lugar onde hai moitas laxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, director e profesor estadounidense. Formouse na escola do Método, particularmente con Lee Strasberg e con Sanford Meisner. Do seu labor como formador de actores e actrices dá conta a súa actividade en centros como a American Academy of Dramatic Arts de Nova York, a Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid ou o Institut del Teatre de Barcelona. Instalado en España desde 1958, participou, con Miguel Narros, na creación do Teatro Estudio de Madrid, unha das primeiras estruturas de formación desde a que promoveu a introdución do Método. En España dirixiu diversos espectáculos con textos de Edward Albee, Harold Pinter, Čekhov, Strindberg e Alfonso Vallejo.

    VER O DETALLE DO TERMO