"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Local situado nos arrabaldos das cidades, nos aeroportos, ou noutros lugares, onde se reclúe á xente en corentena ou se realizan controis sanitarios para evitar epidemias.

    2. Hospital en que se atenden leprosos.

    3. Hospital en que se tratan enfermidades moi contaxiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela anónima en castelán titulada orixinalmente Vida del Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades, escrita entre 1526 e 1535, e editada ao redor de 1554. Atribuíuselle a diversos autores, como Diego Hurtado de Mendoza, Lope de Rueda ou Sebastián de Horozco, aínda que, segundo os últimos estudios, podería corresponder a Alfonso de Valdés. Considerada o arquetipo da novela picaresca, está dividida en sete capítulos e redactada en primeira persoa cunha linguaxe sinxela. O seu protagonista, un neno de baixa clase social, descúbrelle ao lector, a través da súa relación con diversos amos, un mundo cheo de mesquindade e cobiza, onde domina a aparencia, a corrupción do clero e a fame.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de obtención de aceiro por oxidación do ferro fundido. Esta oxidación faise por medio dunha corrente de osíxeno puro que se inxecta na parte superior dun convertedor, que ten un revestimento interior magnésico recuberto con dolomía. Este procedemento, que é unha variante do de H. Bessemer, foi empregado por primeira vez en 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de obtención de aceiro por oxidación de ferro coado, que se aplica no afinamento de fosas fosforosas. Esta oxidación faise mediante unha corrente de osíxeno combinado con pós de calcio que se inxecta cunha lanza vertical desde o fondo do crisol. É unha variante do procedemento LD, con sopro en dous tempos, limpeza intermedia e adicións de ferralla e de mineral. Téndese a substituílo polo procedemento LWS (Lance Wendel Sidelor), en que se inxecta unha mestura de osíxeno e hidrocarburo. OBS: Tamén se denomina procedemento OLP (Oxysène Lance Poudre).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método gráfico para determinar a temperatura teórica de combustión en función da potencia calorífica útil dun combustible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Formouse con Gustave Le Gray e Charles Nègre (1848-1849) e posteriormente realizou diversos traballos fotográficos das zonas de Champagne e Alsacia-Lorena para a Misión Heliográfica do comité de Monumentos Históricos de Francia. Destacan as súas imaxes das catedrais de Chartres, Estrasburgo, Riems e Notre-Dame (1852). Participou nas exposicións de París (1851) e Amsterdam (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director de escena. Desde 1990 traballa en Galicia, onde coordinou obradoiros de iniciación ao teatro e participou como actor, director e axudante de dirección en espectáculos coas compañías Teatro Xalgarete, Teatro Galileo, Teatro da Lúa e o Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Escribiu sátiras de carácter social e político. Da súa produción destacan Claridades do Sul (1875), História de Jesus (1883), O Anti-Cristo (1886) e A Senhora da Melancolia (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de obtención do carbono sódico, descuberto en 1791. Por reacción do ácido sulfúrico sobre cloruro sódico obtense sulfato sódico. Este, quentado con coco e carbonato cálcico nun forno xiratorio, redúcese a sulfuro, o que, por reacción coa calcita, dá o carbonato sódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría da lebre. As súas crías caracterízanse, ao contrario que as dos coellos, por nacer con pelo e cos ollos abertos. Dispérsanse polos seus propios medios no contorno da zona de parto pouco despois de nacer. Unha vez ao día agrúpanse e son amamantadas pola nai. Crecen rapidamente e son independentes antes dun mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Veiga de Forcas e Hospital (Pedrafita do Cebreiro). O seu cumio acada os 1.132 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Grixalba (Sobrado). O seu cumio acada os 612 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de San Cosmede de Cusanca (O Irixio) e Lobozán (Lalín). O seu cumio acada os 767 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Blastómero que contén vitelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina referida á aprendizaxe infantil da lectura e da escritura. Metodoloxicamente non convén separar os procesos de aprender a ler e a escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ou quen le, para si ou para outras persoas.

      2. Que ou quen é afeccionado á lectura.

      1. Título equivalente, nas antigas universidades, ao de profesor adxunto.

      2. Profesor auxiliar nativo que ensina a lingua e literatura do seu país nun centro de ensino, xeralmente, universitario.

    1. Persoa que nunha editorial le e revisa os textos orixinais que se reciben.

      1. Persoa que ensina filosofía, teoloxía ou moral nunha comunidade relixiosa.

      2. Crego que recibiu o lectorado.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou exercicio de lector.

    2. Oficio de quen corresponde facer as lecturas nas funcións litúrxicas, excepto as dos Evanxeos, que corresponden ao diácono. Foi suprimido na Igrexa latina como orde menor, mentres que na Igrexa oriental continúa existindo como oficio e como grao preparatorio diaconado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao lector.

    2. Cargo de cóengo de oficio, creado por Inocencio III, no Concilio IV de Letrán (1215), en todas as igrexas metropolitanas. Polo Concilio de Trento convertéronse en profesores de Sagradas Escrituras dos seminarios. O concordato español de 1851 suprimiu o cargo das colexiatas e deixouno só nas catedrais, onde aínda subsiste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo de lector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor e director de Ir Indo Edicións. Realizou estudios de filosofía e teoloxía no seminario de Ourense. Licenciado en Filosofía pola Universidad Complutense de Madrid, impartiu clases como profesor no ensino privado. No ano 1975 trasladouse a Vigo, onde fundou a librería Ir Indo, e en 1979 incorporouse á Editorial Galaxia como director-xerente ata 1985. Posteriormente, ingresou no Concello de Vigo, onde desempeñou o cargo de xefe de Cultura e Educación. En 1978, como presidente do Círculo Ourensán-Vigués, fundou os Premios da Crítica que presidiu durante quince anos, para logo constituír a Fundación dos Premios da Crítica Galicia, da que é vicepresidente. En 1985 fundou en Vigo Ir Indo Edicións, unha empresa editorial na que leva publicados preto de 400 títulos en distintos campos: narrativa, infantil, xuvenil, novela, manuais, dicionarios, libros de imaxes -unha idea innovadora e pioneira en Galicia de Ir Indo Edicións que difunde nas coleccións Cidades e Vilas de Galicia-. En 1999 comezou...

    VER O DETALLE DO TERMO