lebrato
lebrato
(< lebre)
s
m
[ANIMAL]
Cría da lebre. As súas crías caracterízanse, ao contrario que as dos coellos, por nacer con pelo e cos ollos abertos. Dispérsanse polos seus propios medios no contorno da zona de parto pouco despois de nacer. Unha vez ao día agrúpanse e son amamantadas pola nai. Crecen rapidamente e son independentes antes dun mes.