"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Kalimantan Meridional, Indonesia, na beira do Martapura (482.931 h [1995]). Ten un porto fluvial exportador de petróleo, madeira, diamantes, ouro, ferro e carbón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Límite superior da canle do colo do útero. Foi descrito por Ludwig Bandl, médico alemán (1842-1892).
-
-
Disposición de carácter xeral en forma de orde que a autoridade lle impón directamente á poboación. É unha manifestación da potestade regulamentaria do poder público que se recoñece diante da administración como un dos medios para conseguir os seus fins. A publicación dun bando pode facerse mediante un cartel, un pregón ou outro medio de difusión. Hai bandos periódicos, ditados en datas fixas, bandos de urxencia para atender situacións imprevistas, e bandos de bo goberno para ordenar mellor a vida en común. Desde a Idade Media os bandos eran utilizados polas autoridades xurisdicionais, tanto reais como baroniais, para o bo goberno do seu territorio, ás veces en forma de orde que velaba polo interese xeral ou pola utilidade do señor, e outras veces garantían e protexían intereses de dereito privado. SIN: edito.
-
Cartel co que se fai público un bando.
-
Nos s XVI e XVII, pregón para os malfeitores e toda outra disposición de orde xudicial que se fai pública.
-
-
-
-
Grupo de xente capitaneada por un xefe, que facía a guerra contra o señor, o soberano do país ou mesmo contra outro grupo.
-
Grupo de persoas que toma parte nunha discusión ou nunha loita.
-
-
Parte que se separa dun grupo para formar unha nova organización.
-
Grupo de persoas que loita contra outro de ideas opostas ás súas.
-
Conxunto numeroso de aves que se desprazan en grupo. SIN: bandada.
-
Conxunto de peixes, normalmente da mesma especie, que se desprazan en grupo. OBS: Tamén se designa banco de peixe SIN: cardume, 2manda, touza.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de santa Eulalia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu no ano 1903 na vila de Betanzos, subtitulada “Periódico republicano”. Este periódico que avogou pola reforma da agricultura e da instrución pública, ocupábase da vida do Centro Republicano Local.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de corda, da familia dos laúdes; consta de catro cordas e dunha caixa abombada; a miúdo adóitase identificar coa bandurra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Correa que se leva rodeando o corpo atravesando o peito e as costas dende o ombreiro esquerdo ata a cadeira dereita e que no remate leva un gancho para pendurar unha arma de fogo os soldados da cabalería. É distintivo dos gardas rurais e tamén do uniforme dalgúns corpos militares, particularmente o de gala.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade criminal realizada por bandas armadas, comandadas por un xefe, contra persoas, propiedades, edificios, vehículos, etc. O bandoleirismo constitúe a expresión do malestar económico e social, a miúdo con implicacións políticas, relixiosas e ata étnicas, motivado fundamentalmente pola miseria dos máis humildes. A súa existencia remóntase á Antigüidade (especialmente ao Baixo Imperio) e reaparece cunha enorme virulencia a fins da Idade Media, sobre todo en Francia e en Alemaña, por causa da crise da sociedade feudal. Pero é entre o 1550 e o 1600 cando tivo lugar un verdadeiro paroxismo deste fenómeno, de xeito simultáneo en todos os países mediterráneos, cristiáns ou musulmáns, especialmente no Principat de Catalunya (iniciado por Moreu Cisteller, rematou co lendario Serrallonga cando a revolta do 1640) en Calabria e na Albania dominada polo imperio otomano. A situación persistiu durante o s XVII en España, en Italia e tamén en Francia, e aínda máis en Alemaña, diminuíndo progresivamente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quen rouba en despoboados ou nos camiños que normalmente forma parte dunha banda. SIN: bandido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solución mucilaxinosa composta por sementes de marmelo para alisar os cabelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento musical de catro cordas dobres, que presenta unha forma semellante ao laúde pero moi inferior en tamaño, e cunha caixa de resonancia alombada polo dorso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento aerófono da familia das harmónicas, variante do acordeón, de forma rectangular e provisto de botóns en ambos os dous lados. É un instrumento típico da música popular, empregado especialmente nos Balcáns e na Arxentina. Foi inventado no 1846 polo construtor H. Band de Krefeld.
-
-
Parte do corpo humano e dos animais onde está situado o estómago e outras vísceras. SIN: bandougo, bandullo, barriga.
-
Barriga grande. SIN: bandougo.
-
-
-
Parte do corpo humano e dos animais que envolve os intestinos. SIN: bandougada, bandullo, barriga.
-
Barriga grande. SIN: bandougada.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Oza dos Ríos baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cenobio situado no concello de Oza dos Ríos, xunto ao río Mendo. Documéntase por primeira vez a súa existencia nun diploma copiado nos tombos de Sobrado dos Monxes, datado ao redor do ano 995. Neste documento o mosteiro de Bandoxa formaba parte da dotación dun cenobio maior, o de Santa Olaia de Curtis, feita por San Pedro de Mezonzo. Consérvase o templo, hoxe igrexa parroquial, de finais do s XII ou comezos do XIII. Da primitiva fábrica románica tan só se conserva o arco de acceso ao presbiterio, parte dos muros da nave e a portada occidental. O arco triunfal ten directriz apuntada e está sostido por semicolumnas acaroadas que rematan en capiteis vexetais. A portada occidental é de medio punto, abucinada e non ten columnas nin tímpano; o arco maior adórnase con billetes e o menor con boceis e medias canas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de madeira, en forma de peneira, que vai suxeito ao van para mover as castañas e poder tirarlles a casca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade galaica prerromana relacionada coa guerra. Coñécese a través de trinta inscricións da época romana talladas en aras de carácter votivo. Estes testemuños rexístranse principalmente na provincia de Ourense (Rairiz da Veiga, Vilaza, Verín, etc). É o correspondente galaico das divindades dos lazos indoeuropeos, deuses protectores das confrarías de guerreiros: grupos de homes que vivían á marxe da sociedade, dedicándose fundamentalmente á guerra.