Bandua

Bandua
[MIT]

Divindade galaica prerromana relacionada coa guerra. Coñécese a través de trinta inscricións da época romana talladas en aras de carácter votivo. Estes testemuños rexístranse principalmente na provincia de Ourense (Rairiz da Veiga, Vilaza, Verín, etc). É o correspondente galaico das divindades dos lazos indoeuropeos, deuses protectores das confrarías de guerreiros: grupos de homes que vivían á marxe da sociedade, dedicándose fundamentalmente á guerra.

Palabras veciñas

Bandoxa | Bandoxa, San Martiño de | bandoxo | Bandua | Bandujo | bandullada | bandullo