bandullo

bandullo

(< lat pantex ‘barriga’ +ventriculu ‘ventre pequeno’)

  1. s m

    Estómago dos animais. SIN: calleiro, recho.

    Ex: Non aproveitades o bandullo do porco?

    Confrontacións: abdome, ventre.
  2. s m

    Primeira e maior das cavidades do estómago dos ruminantes. SIN: bandougada, bandougo.

    Ex: Se fas callos bótalles bastante bandullo.

    Confrontacións: calleiro.
  3. s m

    Estómago das persoas. SIN: boche.

    Ex: Comín tanto que teño o bandullo cheo.

  4. s m

    Parte do corpo humano e dos animais que envolve os intestinos. SIN: bandougada, bandougo, barriga.

    Ex: Ten un bandullo que parece que está preñado.

  5. s m [ALIM]

    Doce feito con ovos, pan, especias, etc, que orixinariamente se cocía dentro do estómago do porco.

    Ex: No Morrazo é típico o bandullo polo entroido.

Frases feitas

  • Vouche bailar no bandullo! Ameazar a a alguén cunha posible tunda.

Palabras veciñas

Bandua | Bandujo | bandullada | bandullo | Bandundu | Bandung | Bandung, Conferencia de