Bandujo

Bandujo
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe asturiana procedente do lugar de Bandujo (Oviedo), de onde tomou o nome. As súas armas levan, en campo de azul, unha árbore ao natural, terrazada de sinople e un lobo tamén da súa cor e pasante, atado ao tronco por unha cadea de ferro. Algúns investigadores recollen para a rama galega deste apelido un escudo semellante: en campo de azul, unha árbore ao natural, terrazada de sinople e un lobo tamén da súa cor, empinado e atado ao tronco cunha cadea de ferro que o suxeita pola metade do seu corpo. Outra variante leva, un lobo encadeado a un carballo, en campo de azul.

Palabras veciñas

Bandoxa, San Martiño de | bandoxo | Bandua | Bandujo | bandullada | bandullo | Bandundu