"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • GALICIA

    Sindicalista. Emigrou moi novo xunto cos seus pais a Montevideo, onde traballou de camareiro e frecuentou a comezos da década de 1920 os ambientes libertarios. Representante da Sociedad de Resistencia de Mozos y Anexos no consello federal da Federación Obrera Regional Uruguaya (FORU), contribuíu á súa reorganización a partir de 1926. Desterrado en 1933 pola Ditadura de Gabriel Terra, retornou a Galicia e ingresou na Coruña no Sindicato de Camareros Terrestres adherido á CNT. Formou parte do Comité da Confederación Regional Galaica-CNT nos últimos tempos da Segunda República Española e participou en numerosos actos de propaganda por toda Galicia. Co triunfo do golpe militar de 1936, foi detido, torturado e condenado a un ano de prisión por actividades clandestinas. Desde 1945 exerceu de enlace entre o comité da Confederación Regional Galaica na clandestinidade e o comité nacional da CNT, e formou parte do comité local da CNT coruñesa. Desfeito o organigrama cenetista logo das detencións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Comezou a súa formación artística en 1944 con Antonio Fernández. En 1950 recibiu unha pensión da Deputación de Pontevedra e do Concello de Tomiño e asistiu como alumno libre a clases de debuxo no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Ao ano seguinte ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando e realizou a súa primeira mostra en Pontevedra. Estudou os distintos estilos e escolas artísticas españolas e europeas ao longo de diversas viaxes e en 1955 recibiu unha pensión para asistir a El Paular (Segovia), onde cultivou a paisaxe. Neste mesmo ano concedéronlle o Premio de Estado Carmen del Río da Academia de San Fernando. Rematou os seus estudos en 1956 e tras realizar novas viaxes regresou a Galicia en 1959. Durante a súa residencia en Ourense a partir de 1962 vinculouse aos Artistiñas de Vicente Risco, cos que realizou diversas mostras e participou na decoración do Hotel Mindanao de Madrid e dalgúns Paradores de Turismo de España (1966). Ao redor de 1967-1968 cofundou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Profesor de didáctica e maxisterio, dirixiu o Laboratorio de Innovación e Dirección Educativa do ICE. Da súa produción destaca La imaginación creadora (1980), Manual de activación creativa (1987), Enseñar- aprender (con) torbellino de ideas (1987), Orientación e intervención psicopedagógica: teoría y técnica (1991), Orientación creativa del yo: auto-concepto y emocionalidad (1996) e Educrea: la creatividad motor de la renovación esencial de la educación (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xavier Prado Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e autor teatral. Coñecido como Xavier Prado Lameiro, traballou no ámbito gandeiro, o que lle permitiu aprender o léxico e os costumes dos labregos galegos. Autor dos poemarios A carón do lume (1918) e Cóxegas e moxetes (1928), en que se reflicte a vida rural galega, destacan sobre todo os volumes de pezas teatrais Monifates (1928) e Farsadas (1928). Escritas en galego e castelán e dotadas dunha linguaxe clara e directa, posúe trazos dialectais propios da provincia de Ourense. Reiniciou a publicación de O Tío Marcos da Portela (1917), que cesou ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias (9.226 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na industria de materiais de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Pravia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Pravia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cambre baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de precaver ou precaverse.

    2. Que actúa con precaución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de santa María Madanela, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos procávidos.

    2. Mamífero da familia dos procávidos.

    3. Única familia de que consta a orde de mamíferos dos hiracoideos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xavier Vázquez Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa ou cousa rara ou extraordinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Punjab, situado en Paquistán (700 km). Nace nos contrafortes noroccidentais do Himalaia e desemboca máis abaixo de Lāhaur, no río Chenāb.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico. Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1966) e catedrático de Química Farmacéutica (1981), foi decano da facultade de Farmacia (1989-1995). O seu labor investigador centrouse no desenvolvemento de medicamentos depresores, antihipertensores ou antiinflamatorios do sistema nervioso central. Publicou numerosos artigos relacionados coa química farmacéutica en revistas científicas internacionais. Socio fundador da Sociedad Española de Química Terapéutica e correspondente da Real Academia Nacional de Farmacia, é membro da Société d’Études de Chimie Thérapeutique e da Division Medicinal Chemistry da American Chemical Society.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco de pasta de forma cadrada, rechea con carne picada ou outros ingredientes, pechada polos catro lados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reavivar ou reavivarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer(se) máis vivo e intenso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital e distrito de Islandia situada na costa SO da illa, na beira da ampla baía de Faxaflói, cerca da península de Reykjanes (113.848 h [2004]). Érguese nunha das zonas volcánicas da illa, o que orixinou a presenza de numerosas solfataras e fontes de auga quente. Fundada cara a 870 polo primeiro colonizador de Islandia, o vikingo Ingolfur Arnarson, era pouco máis ca unha vila de pescadores, ata que no s XVIII medrou notablemente grazas á pesca e ao comercio entre Europa e América. O parlamento local fixo dela a súa sede en 1874, e en 1918 foi a capital de Islandia autónoma, ata que en 1944 se converteu en capital da república.

    VER O DETALLE DO TERMO