Reykjavik
Reykjavik
Capital e distrito de Islandia situada na costa SO da illa, na beira da ampla baía de Faxaflói, cerca da península de Reykjanes (113.848 h [2004]). Érguese nunha das zonas volcánicas da illa, o que orixinou a presenza de numerosas solfataras e fontes de auga quente. Fundada cara a 870 polo primeiro colonizador de Islandia, o vikingo Ingolfur Arnarson, era pouco máis ca unha vila de pescadores, ata que no s XVIII medrou notablemente grazas á pesca e ao comercio entre Europa e América. O parlamento local fixo dela a súa sede en 1874, e en 1918 foi a capital de Islandia autónoma, ata que en 1944 se converteu en capital da república.