Raviña Rubira, Enrique

Raviña Rubira, Enrique

Farmacéutico. Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1966) e catedrático de Química Farmacéutica (1981), foi decano da facultade de Farmacia (1989-1995). O seu labor investigador centrouse no desenvolvemento de medicamentos depresores, antihipertensores ou antiinflamatorios do sistema nervioso central. Publicou numerosos artigos relacionados coa química farmacéutica en revistas científicas internacionais. Socio fundador da Sociedad Española de Química Terapéutica e correspondente da Real Academia Nacional de Farmacia, é membro da Société d’Études de Chimie Thérapeutique e da Division Medicinal Chemistry da American Chemical Society.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cacheiras Teo