"Bor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 827.
-
GALICIA
Xardineiro. Introduciu e aclimatou, no terreo do marqués de Santa Cruz, sementes, flores e froiteiras que procedían de Francia. Contou cun establecemento de plantas en Santiago de Compostela. Recibiu o título de cabaleiro da Orde Civil del Mérito Agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(A Coruña?) Arquitecto. Formouse na Escola Superior de Arquitectura de Barcelona. Desde 1977 é profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Os seus primeiros traballos dirixíronse ao planeamento urbano e á ordenación do territorio, como o estudo sobre o impacto sobre o territorio da Autopista de Atlántico. Realizou a rehabilitación do cuartel da rúa do Hórreo para sede do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela (1987, Premio Julio Galán Carvajal en 1991) e, xunto con Albert Pineda, o Hospital Marítimo de Oza na Coruña (1995-1997, Premio Julio Galán Carvajal en 1998).
-
GALICIA
Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, participou en diversas campañas arqueolóxicas na comunidade galega. Escribiu, entre outras, Guía dos castros de Galicia (2000) e Castelao e nós (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Sabuguido (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.050 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Paleo (Carral). Trátase dunha construción en forma de L cunha torre de planta cadrada e ameada nun dos lados. Construíuse en cahotaría agás os esquinais, ocos e cornixas, realizados en cantaría. Está amurallada e rodeada de xardíns. Destaca o escudo con cimeira e dividido en catro cuarteis.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota). O seu cumio acada os 531 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao terreo inclinado ou cunha forte pendente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de reelaborar.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Borgoña, fillo de Guillerme I, conde de Borgoña, e pai de Afonso VII. Chegou á Península Ibérica en 1086 coa cruzada organizada para apoiar a Afonso VI na súa loita contra os almorábides, tras o desastre sufrido por este último na Batalla de Sagrajas (1086). Casou coa infanta Urraca e recibiu de Afonso VI os condados de Galicia (1092) e Portugal (1093), cedendo este último o seu curmán Enrique de Borgoña. En 1094 recibiu o goberno da comarca de Zamora e dirixiu a repoboación de Salamanca, Ávila e Segovia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e físico irlandés. Achegou conclusións decisivas sobre o comportamento dos líquidos nos tubos segundo a súa velocidade (número de Reynolds). Estudou tamén a lubrificación, as turbinas e as bombas centrífugas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Ingresou na cabalaría e distinguiuse nas campañas de Italia durante a Guerra de Sucesión de Austria. En 1764 Carlos III encargoulle a reforma do exército de Nueva España. Loitou durante a Guerra de Independencia e ascendeu a xeneral. Escribiu Preceptos y máximas militares para instrución de los alumnos del colegio de Ocaña e o seu Diario de campaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Raúl de Borgoña.
-
PERSOEIRO
Rei de Borgoña (921-937) e de Italia (924-926), fillo e sucesor de Rodolfo I de Borgoña. Loitou contra Berenguel I, rei de Italia e emperador de Occidente, a quen derrotou (923) e fixo asasinar (924). Sucedeuno no trono italiano, do que foi apartado por Hugo de Arles, quen lle cedeu a cambio unha boa parte dos seus territorios de Provenza (933), formándose así o Reino de Arles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico ruso. Investigou en diversos centros de Leningrado (1924-1928 e 1928-1931) e de Arkhangel’sk (1931-1933). Estudou os corpos ferromagnéticos e, desde 1897, traballou na transmisión eléctrica a distancia. En 1907 propuso a utilización do tubo de raios catódicos para a reprodución de imaxes de televisión e un sistema de sincronización forzada pola transmisión e a recepción de imaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Cor vermella que aparece na cara, principalmente nas meixelas, por vergonza, modestia ou outro sentimento.
-
Sentimento de vergonza, modestia ou confusión.
-
-
rubefacción.
-
-
-
Facer que alguén se poña vermello coa vergonza.
-
Poñerse encarnado ao ver ou oír algo que causa vergoña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten ou mostra rubor.
-
-
-
Propiedade que teñen moitas substancias de afectar ao órgano do gusto ou aos órganos do gusto e do olfacto.
-
Sensación que produce unha substancia no órgano do gusto ou nos órganos do gusto e do olfacto. Pódense percibir catro sabores diferentes: amargo, doce, salgado e agre ou ácido.
-
-
Impresión ou lembranza que deixa algo no ánimo.
-
Conxunto de atributos que definen ou identifican un todo.
-
Termo que se emprega para distinguir os diferentes quarks ou leptóns.
-
-
-
Comer ou beber algo lentamente e coa atención necesaria para percibir con deleite o seu sabor ou outras sensacións agradables.
-
Apreciar as cousas que agradan recreándose.
-