"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO de Sevilla (62,55 km2; 4.950 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (oliveira e vides) e na gandería ovina e porcina. No termo está a ermida de Nuestra Señora de Cuatrohabitan, edificada sobre unha antiga mesquita almohade da que se conserva o minarete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación do transporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Autodidacta de formación, a súa obra caracterízase polo forte cromatismo en temas de tradición folclórica e paisaxística. Realizou a súa primeira mostra individual no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1960). Ten obra no Museo de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino procedente do latín Bonifacius, derivado de bonum facio ‘fago ben’; xa que logo, ‘benfeitor’. Algúns investigadores din, pola contra, que procede de Bonifatius, nome derivado de bonum fatum ‘bo fado, bo destino’. San Bonifacio de Maguncia (672-754), o apóstolo da Xermania, foi arcebispo de Utrecht e Maguncia; e san Bonifacio de Tarso (s III) foi, segundo a Lenda dourada, martirizado e decapitado nesta cidade asiática baixo Diocleciano (300), ao ser denunciado por cristián logo de ter mantido relacións cunha dama nobre. Nove papas levaron tamén este nome, desde Bonifacio I (418-422) a Bonifacio IX (1389-1404), inda que só un deles, Bonifacio IV (608-615), chegou a santo. A festa de san Bonifacio de Maguncia celébrase o 5 de xuño. A reforma litúrxica posterior ao concilio Vaticano II eliminou un san Bonifacio, que se celebraba o 14 de maio, do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe bieito, bispo e misioneiro, chamado o apóstolo de Alemaña. No ano 719 mudou o verdadeiro nome, Winfrith, polo latino de Bonifatius. No 722 foi nomeado bispo de Turinxia. É patrón de Alemaña, sobre todo das cidades de Maguncia, Fulda e Erfurt. En Holanda considérano patrón de Utrech e apóstolo do pobo frisón. O Papa Gregorio III consagrouno vicario episcopal de toda Xermania e no 745 foi nomeado arcebispo de Maguncia. Morreu asasinado polos pagáns frisóns nunha das campañas de evanxelización. Fundou o mosteiro de Fulda, onde está enterrado. Foi canonizado en 1874 e a súa festa celébrase o 5 de xuño. Na iconografía leva vestidura de bispo con mitra e cruz e, como atributos persoais, un evanxeliario atravesado por unha espada ou un machado cravado no tronco dunha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (530-532). Elixido polo partido filogótico. Aprobou o segundo Concilio de Orange, que puxo fin á controversia do pelaxianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (19.2.607-12.11.607) Elixido no 606 non puido ocupar o solio pontificio ata que regresou de Constantinopla. Durante o seu pontificado determinou as regras da elección pontificia, prohibindo a campaña electoral durante a vida do Papa, e prohibindo que ningún bispo foxe canónico sen a confirmación da Santa Sé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (608-615). Recibiu de Focas, Emperador de Oriente, o Panteón de Agripa e o transformou en igrexa cristiá co nome de Santa María dos Mártires. Foi canonizado e a súa festa celébrase o 25 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (619-625). Dedicouse á propagación do Cristianismo en Inglaterra. Converteu en lei o costume de non apresar os criminais cando se refuxiasen nunha igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1294-1303), de nome Benedetto Gaetani. De formación xurídica, efectuou importantes contribucións ao Dereito canónico con obras como o Liber Sextus, no que analiza os avances neste eido desde 1234. Enfrontouse ás monarquías inglesa e francesa ao defender a teocracia pontificia, tanto no espiritual como no secular. Reflexo destas teorías é a proclamación das súas bulas Clericis Laicos (1296), nas que defende a necesidade do asentimento pontificio para a imposición de tributos eclesiásticos, e Unam Sanctam (1302), onde defendía criterios teocráticos, motivada pola detención dun bispo francés por Filipe IV, Rei de Francia, ao que ameazou coa excomuñón. O Rei francés mandou apresar ao Papa, que foi maltratado, morrendo pouco máis tarde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle situada entre a punta de Pertusato (Córsega) e as de Testa e Falcona (Sardeña).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de bonificar.

    2. Cantidade coa que se bonifica.

      1. Acción de pagar ou doar algo en adición ao que é estritamente debido.

      2. Xenericamente, minoración dos ingresos públicos admitida pola Administración. Pode presentar a forma de exención ou bonificación total e a de redución ou bonificación parcial. Estritamente significa a redución parcial dos tributos. As bonificacións poden ter como causa a incitación a cumprir rapidamente os deberes fiscais, ou tamén favorecer a determinadas persoas ou actividades. Poden afectar á base impositiva, chamándose deducións, ou ás cotas, chamándose desgravacións, así como tamén aos tipos impoñibles. A súa concesión adoita estar suxeita a medidas restritivas fiscalizadoras.

      3. Minoración dunha cantidade que se debe pagar, admitida polo acredor.

      4. Descontos adicionais que os medios negocian coas axencias e centrais de compra á hora de inserir os diferentes reclamos publicitarios.

    3. Mellora ou vantaxe que se concede con carácter adicional nas condicións dun contrato de tipo económico. A máis corrente é a outorgada para promover o consumo dun produto, e abrangue a forma material (máis produto) ou a monetaria (desconto ou prima).

    4. Conxunto de melloras técnicas achegadas a un terreo agrícola improdutivo ou de débil produción. Consiste na utilización óptima do potencial agrícola dunha zona, de acordo coas necesidades alimentarias ou industriais e segundo as condicións de vida da poboación afectada.

    5. Tempo que se desconta do que se empregou para facer unha proba, como estímulo ou incentivo, principalmente nalgunhas probas deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de resolución da ecuación de onda dunha partícula que choca contra un branco, consistente en considerar a enerxía da partícula como a suma de dous termos: H=H0 +V, sendo H0 a enerxía do sistema (proxectil + branco) illado e V un termo perturbado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de resolución da ecuación de Schrödinger dunha molécula, que permite obter dunha maneira aproximada os niveis de enerxía desta. Consiste en considerar, nun primeiro paso, unicamente o movemento dos electróns ao redor dos núcleos e, nun segundo paso, o movemento dos núcleos. A enerxía da molécula é daquela a suma da enerxía electrónica e da enerxía de vibración-rotación dos núcleos. Denomínase tamén aproximación ou separación adiabática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Medicina na Universidad de Zaragoza. Gañou o Gran Premio na Exposición Hispano-Francesa (1908) e a medalla de ouro na Exposición de Santiago (1909) polo seu traballo Cuadro gráfico de mortalidad infantil y cinco planos sanitarios de Zaragoza. Ademais, publicou Psicología popular de los sitios de Zaragoza (1910); Acción social de la Universidad (1910); La Medicina en el Fuero de Teruel (1915) e Origen del hombre según Santo Tomás (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo matemático baseado na estatística de Bose-Einstein, que permite explicar o comportamento dun sistema de bosóns a temperaturas moi baixas. Afirma que por debaixo dunha certa temperatura crítica T os bosóns tenden a acumularse (condensación) no estado fundamental (ou estado de mínima enerxía), de xeito que nel hai unha fracción finita do número total de bosóns N. A temperatura T vén dada pola expresión T=(h2/2πmk)(2,612V/N)-2/3, onde h e k son as constantes de Planck e Boltzmann, e m, N e V a masa, o número e o volume de bosóns. Este modelo explica os fenómenos de superfluidez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático de Lingua española na Universidad Complutense de Madrid e membro da Real Academia Española. É autor de libros e artigos sobre numerosos aspectos da gramática española e compilador dalgúns volumes de diversos autores sobre esas mesmas cuestións. Foi director do Curso Superior de Filoloxía Española da Universidad Internacional Menéndez Pelayo e da colección Gramática del español da editorial Taurus. Impartiu diversos cursos en numerosas universidades españolas e estranxeiras e foi profesor visitante nas universidades de Louvain, Utrecht, Minnesota, Ohio e Sophia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción da produción de alcohois por redución de ésteres ao fervelos en retroceso con sodio e etanol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Estudiou os clásicos e traduciu a Ciropedia de Xenofonte. Tamén escribiu unha serie de tratados en forma de diálogo como o Liber facetiarum (Libro de chistes, 1438-1452).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Militante da Confederación Nacional del Trabajo (CNT). Asentouse en Vigo en 1923 e, ao pouco de chegar, viuse implicado no conflito da construción e no estoupido dunha bomba na Casa do Pobo, feito polo que ingresou no cárcere. Durante a Segunda República traballou xunto aos boteiros do porto e no artellamento do Sindicato del Transporte Marítimo. Colaborou no voceiro da Confederación Rexional Galega (CRG), Solidaridad Obrera, e no xornal madrileño CNT. Escribiu Derivaciones y consecuencias del locaut pesquero de Vigo (1933), relato da folga dos mariñeiros da flota de altura, acontecida no segundo semestre de 1932.

    VER O DETALLE DO TERMO