Bose-Einstein, condensación de

Bose-Einstein, condensación de
[FÍS]

Modelo matemático baseado na estatística de Bose-Einstein, que permite explicar o comportamento dun sistema de bosóns a temperaturas moi baixas. Afirma que por debaixo dunha certa temperatura crítica T os bosóns tenden a acumularse (condensación) no estado fundamental (ou estado de mínima enerxía), de xeito que nel hai unha fracción finita do número total de bosóns N. A temperatura T vén dada pola expresión T=(h2/2πmk)(2,612V/N)-2/3, onde h e k son as constantes de Planck e Boltzmann, e m, N e V a masa, o número e o volume de bosóns. Este modelo explica os fenómenos de superfluidez.